Inicio Galicia O DOG publica a cesión de 22 predios da parcelaria de Foxás...

O DOG publica a cesión de 22 predios da parcelaria de Foxás e Bendaña ao concello de Touro para equipamentos municipais

0

Os terreos serán destinados, entre outros usos, a unha área recreativa, cargadoiros de madeira, unha depuradora ou a ampliación do cemiterio

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe un anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a cesión da titularidade de predios ao concello coruñés de Touro para actuacións que van redundar en beneficio dos veciños. Estes terreos proceden da masa común da parcelaria de Montes de Foxás e Santa María de Bendaña, actualmente en fase de acordo.

En total son 22 as leiras que se ceden a petición do propio concello, para o seu uso como, por exemplo, área recreativa, cargadoiros de madeira, depuradora ou ampliación do cemiterio. A cesión xa está formalizada e a partir de agora o concello terá cinco anos para cumprir cos fins para os que foron adxudicados.

Así, estes predios pasan a formar parte das adxudicacións do concello despois de que este solicitara a cesión da súa titularidade para diversos equipamentos colectivos, ao amparo do disposto pola lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga). Segundo esta norma, cando un proceso de reorganización do territorio aínda non está rematado, os municipios poden solicitar a cesión da titularidade dunha porcentaxe dos terreos da masa común para fins de equipamentos colectivos.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

Enlace ao anuncio no DOG:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181017/AnuncioG0426-041018-0003_gl.html 


- Te recomendamos -