Inicio Galicia O CDG inicia mañá os ‘Encontros co Público’ do equipo do espectáculo...

O CDG inicia mañá os ‘Encontros co Público’ do equipo do espectáculo Divinas Palabras Revolution

0

Os espectadores que acudan ás funcións dos xoves no Salón Teatro terán a oportunidade de compartir impresións co elenco da nova montaxe da compañía pública, que se pode ver en Santiago ata o 29 de abril

O Centro Dramático Galego (CDG) retoma mañá as funcións para público xeral da súa nova produción propia, Divinas Palabras Revolution, que pode verse de xoves a domingo, ata o 29 de abril, na sede da compañía pública no Salón Teatro de Santiago. Mañá terá lugar, así mesmo, o primeiro dos dous Encontros co Público desta produción, durante os que os espectadores que asistan aos pases dos xoves terán a oportunidade de intercambiar impresións co equipo artístico do espectáculo ao remate da súa representación.

Ademais desta iniciativa, con motivo da estadía de Divinas Palabras Revolution en Santiago o CDG puxo en marcha un novo servizo, denominado Domingos de Conciliación, para todas as persoas con nenos/as ao seu cargo que queiran asistir ao espectáculo.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

Esta oferta –incluída no prezo da entrada– consiste nun obradoiro de artes escénicas na Fundación Granell, para idades comprendidas entre os 5 e 12 anos, onde os rapaces e rapazas poden pasar unha tarde entretida mentres os seus maiores asisten a Divinas Palabras Revolution no Salón Teatro. Para solicitar este servizo, de prazas limitadas, cómpre enviar un correo electrónico a [email protected] ou chamar ao teléfono 881 867 229, de luns a venres (agás festivos) de 9,00 a 14,00 h.

Os concursantes da casaXron dirixe esta adaptación, a primeira en idioma galego, da obra Divinas palabras de Valle-Inclán, que lle ofrece ao público unha ollada actual e crúa da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na “aldea global” fronte a “aldea” do orixinal. Así, na versión do CDG os personaxes que interpretan Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez participan nun concurso de telerrealidade, durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras as 24 horas.

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

Os horarios das funcións xerais de Divinas Palabras Revolution son de xoves a sábados, ás 20,30 h., e os domingos, Día do Espectador, ás 18,00 h. Así mesmo, os martes e mércores están a ter lugar os pases matinais concertados con institutos dentro da campaña escolar do espectáculo.

As entradas poden adquirirse de xeito anticipado a través do web entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443, así como no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo de cada función. 


- Te recomendamos -