Inicio Galicia Nava Castro recibe ao baloncestista Aza Petrovic á súa chegada a Santiago...

Nava Castro recibe ao baloncestista Aza Petrovic á súa chegada a Santiago de Compostela tras peregrinar polo Camiño Portugués

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu hoxe na praza do Obradoiro ao baloncestista Aza Petrovic, quen vén de peregrinar polo Camiño Portugués dentro da iniciativa O Camiño remata en Obradoiro. O ex xogador croata e actual seleccionador de Brasil converteuse durante os últimos días nun peregrino máis percorrendo o segundo itinerario xacobeo máis transitado e polo que camiñaron máis de 18.000 persoas no que vai de ano, unha cifra un 20% superior ás mesmas datas de 2017. A iniciativa, impulsada polo Río Natura Monbus Obradoiro, súmase ao ano dedicado a este itinerario, incluído na planificación do Plan director do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia, do que están en marcha máis da metade das accións.

Tras actuar xa no Camiño Francés, no Camiño do Norte, no Camiño Primitivo, no Camiño Inglés e no de Fisterra e Muxía, os esforzos da Xunta céntranse este ano no Camiño Portugués e no Camiño Portugués da Costa, cun investimento conxunto de 2,5 millóns de euros para a súa posta a punto. Trabállase no seu acondicionamento e sinalización, na promoción con actividades divulgativas e exposicións, así como no reforzo da acollida dos peregrinos, como o futuro albergue de Vigo, para o que hoxe mesmo o Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou por unanimidade a cesión a Turismo de Galicia do dereito de superficie dun inmoble no barrio do Berbés para a súa reforma e posterior conversión en albergue con capacidade estimada de 90 prazas. 

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

- Te recomendamos -