Inicio Galicia Miranda renova os lazos de Galicia co corazón arousán de Alemaña nunha...

Miranda renova os lazos de Galicia co corazón arousán de Alemaña nunha recepción oficial en Cuxhaven

0

O secretario xeral da Emigración foi recibido polo alcalde, Herbert Kihm, e outras autoridades da cidade


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, renovou a primeira hora desta tarde os estreitos lazos que unen Galicia co epicentro da emigración arousá na Alemaña, á que chegou esta mañá na que permanecerá ata o domingo co gallo da celebración da primeira festa do Albariño de Cuxhaven. Foi o propio alcalde da cidade, Herbert Kihm, o encargado de dar a benvida ao responsable autonómico, quen salientou o “vínculo irrompible que desde hai décadas manteñen unidos á terra de Breogán coa xermana”.“Nin as cifras, por elocuentes que sexan, nin ningún outro dato obxectivo poden explicar en termos axeitados cal é o fío que conecta de xeito directo Galicia con Alemaña”, salientou Miranda. O titular do departamento galego de Emigración estivo acompañado polo presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e os rexidores de Cambados, Fátima Abal Roma; A Illa de Arousa, Carlos Iglesias Cores; así como o concelleiro de Enoturismo de Cambados, Jose Ramón Abal Varela; e a concelleira de Servizos Sociais e Educación da Illa de Arousa, Dolores Folgar Vilas. Miranda ten previsto participar mañá, xunto os representantes das diferentes institucións galegas, na primeira Festa do Albariño de Cuxhaven, que se celebrará desde as once da mañá no Kugelbake-Halle, e ao que tamén asistirán diversas autoridades da cidade alemá.

Leer más:  Siete personas resultaron heridas después de que un vehículo se saliera de la carretera y se incendiara en la AP-9, en Tui (Pontevedra)

O terceiro país de Europa con máis galegosNa Alemaña residen 17.227 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística, con data 1 de xaneiro de 2018, o que o convirte no terceiro país do continente con maior presenza de galegos, só superado por Suíza e Francia. Do total de galegos no país xermano, menos da metade, 8.183, naceron en Galicia, e o máis do 52 % restante foi nado xa en Alemaña.


- Te recomendamos -