Inicio Galicia Medio Rural reitera o seu apoio aos procesos de unión dentro do...

Medio Rural reitera o seu apoio aos procesos de unión dentro do sector leiteiro galego

0

O conselleiro José González reuniuse cos responsables das cooperativas Aira e Cusoviame en vésperas da súa posible fusión e á espera do que decidan os seus socios en asemblea


O conselleiro do Medio Rural, José González, trasladou esta tarde aos responsables de Aira e Cusoviame o apoio do Xunta ao movemento cooperativo agrario galego en xeral e, de maneira máis concreta, aos procesos de agrupación no sector leiteiro.

O titular de Medio Rural recibiu aos representantes de ambas cooperativas en vésperas das asembleas nas que os seus máis de 3.000 socios decidirán sobre a súa posible fusión. José González lembrou neste encontro a importancia da unión dos agricultores e gandeiros arredor de proxectos como este, sobre todo para mellorar a súa posición dentro da cadea de valor do leite.

Neste sentido, o conselleiro destacou que este tipo de agrupacións favorecen a situación dos produtores á hora de negociar factores como o prezo do leite ou dos insumos que precisan para producir, en especial dos pensos e demais compoñentes para a alimentación do gando.

Leer más:  Rafael Louzán, oriundo de Galicia, asumirá la presidencia de la Primera Federación de Fútbol

González enmarcou estes procesos de fusión na reestruturación do modelo produtivo que está a vivir o sector leiteiro galego, baseada na integración daquelas granxas máis pequenas noutras sociedades maiores e lembrou, nesta liña, que case 800 explotacións individuais pasaron a integrarase en sociedades nos últimos cinco anos.

O conselleiro vinculou esta reestruturación co incremento da competitividade do sector, que se pon de manifesto co progresivo incremento da produción nos últimos anos. En concreto, entre setembro de 2017 e o mesmo mes de 2018 (último dato oficial), a produción medrou en Galicia un 2%, ata as 219.150 toneladas.


- Te recomendamos -