Inicio Galicia Fabiola García destaca que no último ano se incrementaron un 33% as...

Fabiola García destaca que no último ano se incrementaron un 33% as horas de Servizo de Axuda no Fogar para Ponteceso

0

A Xunta reforza os recursos dirixidos a facilitar a atención aos maiores nos seus domicilios


A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou hoxe o incremento en máis dun 33% das horas de axuda a domicilio postas a disposición do Concello de Ponteceso no último ano. Fíxoo no encontro que mantivo hoxe co rexedor deste municipio coruñés, Xosé Lois García. En concreto, hoxe Ponteceso ten habilitadas 17.470 horas de Servizo de Axuda no Fogar (SAF), 4400 máis que o ano pasado, o que supón un notable reforzo da atención a persoas en situación de dependencia.

Con esta medida, a Xunta está a poñer os recursos necesarios para que os maiores que así o prefiren poidan seguir vivindo nas súas casas e coas súas familias, e non se veñan na obriga de deixar as súas parroquias. Así, a aposta por servizos de proximidade responde á vontade de atender ás prioridades e preferencias dos galegos, que maioritariamente prefiren facerse maiores na súa contorna.

Nesta liña, a conselleira apuntou que Galicia seguirá sendo unha referencia en coidados no fogar. De feito, nos últimos meses incrementáronse 1,5 millóns de horas de SAF, unha prestación da que na actualidade se benefician máis de 22.600 persoas dependentes.

Fabiola García e o alcalde de Ponteceso tamén abordaron na xuntanza outros programas e recursos en materia social que a Xunta ofrece neste concello. Entre eles, o ‘Xantar na casa’, que permite a aquelas persoas que non poidan ou non desexen cociñar que teñan a comida todos os días nas súas casas, ou a escola infantil da Galiña Azul que está en funcionamento neste concello e que no presente curso escolar dá servizo ás familias de 38 nenos e nenas de 0 a 3 anos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre