Inicio Galicia Medio Rural felicita a San Simón de Crisanto por recibir o premio...

Medio Rural felicita a San Simón de Crisanto por recibir o premio especial ao mellor queixo de España

0


A denominación de orixe protexida San Simón da Costa está de noraboa, xa que o queixo San Simón de Crisanto obtivo esta tarde en Madrid o premio especial ao mellor queixo de España. Foi durante a XXX edicións dos Premios Alimentos de España que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

A esta cita acudiron o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, que felicitaron en persoa ao premiado e destacaron o prestixio dos produtos galegos do agro, que fan da despensa de Galicia un reclamo turístico ao contar a día de hoxe con 33 selos de calidade.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

- Te recomendamos -