Inicio Galicia Medio Rural cede tres parcelas aos concellos de Mesía, Boqueixón e Trazo...

Medio Rural cede tres parcelas aos concellos de Mesía, Boqueixón e Trazo para infraestruturas de interese común

0

Estas parcelas eran propiedade do Banco de Terras de Galicia e carecían de interese agrario, polo que se propuxo en Consello da Xunta a súa cesión aos municipios correspondentes

A Consellería do Medio Rural vén de cederlle aos concellos coruñeses de Mesía, Boqueixón e Trazo unhas parcelas propiedade do Banco de Terras de Galicia para que poidan desenvolver infraestruturas de interese común, cumprindo así coas demandas dos veciños destas zonas.

Logo da aprobación da Lei de mobilidade de terras, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez estableceu un mecanismo para a cesión gratuíta aos concellos de parcelas propiedade da entidade xestora do Banco de Terras cun interese social determinado para os veciños. Desta forma dótase aos municipios de predios que poden beneficiar aos seus veciños e, de paso, regularízase o patrimonio da Xunta, permanecendo neste banco só aquelas parcelas que teñen interese agrario.

Neste momento estase a estudar a cesión de arredor de duascentas parcelas con diferentes tipoloxías (espazos de lecer, depuradoras, infraestruturas de rega e abastecemento de augas,…), unha vez rematado o procedemento de recoñecemento de titularidade a concellos ao abeiro da Lei de Concentración Parcelaria. Neste caso, o concello de Mesía recibe un predio de 8.503 metros cadrados que será empregada para construír un aparcadoiro público. No caso de Boqueixón, a parcela de 6.890 metros cadrados será para o desenvolvemento dunha área recreativa e de lecer e, finalmente, a que se lle cede ao municipio de Trazo, de 972 metros cadrados, será para a construción dunha estación depuradora de augas residuais.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

Todas estas parcelas están localizadas en masas de concentración parcelaria, achegadas polos propios veciños durante os correspondentes procesos de concentración parcelaria. Desta forma, ao reverter a súa propiedade nos concellos, pódense empregar estes terreos en beneficio da veciñanza, mellorando así a calidade de vida dos habitantes do medio rural ao poder desfrutar de melloras estruturais no seu contorno.


- Te recomendamos -