Inicio Galicia O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo acollerá un curso...

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo acollerá un curso de xestión de recursos humanos a bordo para profesorado

0

Desenvolverase do 3 ao 7 de setembro en horario de mañá e tarde e enmárcase no Plan de Traballo 2017-2018 deste instituto que é Centro de Referencia Nacional de pesca e navegación no ámbito profesional Conta con 20 prazas das que 10 son para o profesorado da comunidade autónoma de Galicia e as outras 10 para o resto das comunidades autónomas de España e as cidades de Ceuta e Melilla

O Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo acollerá do 3 ao 7 de setembro, en horario de mañá e tarde, o curso Xestión de recursos humanos a bordo. Liderado operacional, destinado a formadores de toda España. Este curso enmárcase no Plan de Traballo 2017-2018 deste instituto que é Centro de Referencia Nacional de pesca e navegación no ámbito profesional.

A formación ten entre os seus obxectivos recoñecer a importancia do factor humano na convivencia a bordo, analizar as diferentes relacións que se producen entre o humano e o buque e presentar recursos que faciliten a súa xestión. Tamén presentar as ferramentas que permiten a xestión dos recursos humanos, a análise de situacións e a toma de decisións. Outro dos obxectivos desta formación é estudar e ensaiar a metodoloxía e os recursos dispoñibles para a ensinanza da xestión de recursos humanos.

Leer más:  Plataforma Ulloa Viva denuncia ante Bruselas que el proyecto de Altri en Palas de Rei viola siete Directivas europeas

En concreto o curso diríxese a formadores de Formación Profesional para o Emprego, Escolas taller, Casas de Oficio, Talleres de Emprego, centros acreditados e inscritos para impartir Formación profesional para o emprego, Formación Continua, Formación Profesional en Centros Integrados e Centros de Formación Profesional. Entre os requisitos específicos que deben cumprir está o de ter impartido formación relacionada co sector marítimo-pesqueiro.

A duración do curso é de 40 horas e conta con 20 prazas das que 10 son para o profesorado da comunidade autónoma de Galicia e as outras 10 para o resto das comunidades autónomas de España e as cidades de Ceuta e Melilla. De non cubrirse as prazas nunha das partes, sumaranse na outra. O prazo para solicitar praza é ata venres 24 agosto. As persoas interesadas poderán obter máis información neste enlace e inscribirse a través deste outro. 


- Te recomendamos -