Inicio Galicia Medio Rural achega máis de 1,7 millóns de euros ás comarcas de...

Medio Rural achega máis de 1,7 millóns de euros ás comarcas de Allariz e A Limia a través do seu Grupo de Desenvolvemento Rural

0

A conselleira do Medio Rural fixo esta mañá unha ruta por ata catro concellos da zona para coñecer distintos proxectos postos en marcha cos fondos Leader

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, realizou esta mañá unha ruta pola provincia de Ourense para coñecer distintos proxectos postos en marcha polo Grupo de Desenvolvemento Rural 10, A Limia-Arnoia, cos fondos Leader. En concreto, este GDR recibirá máis de 1,7 millóns de euros en dúas convocatorias destas achegas (2017/2018 e 2018/2019), dos máis de 10 millóns de euros que lle corresponden á provincia de Ourense.

Como explicou a conselleira, trátase dun GDR de gran tamaño, xa que está composto por ata 25 concellos de catro comarcas (Terra de Celanova, Allariz-Maceda, A Limia e a Baixa Limia), e moi activo xa que leva a cabo un gran número de proxectos de diferente índole para dinamizar a zona, ata 133 nestas dúas convocatorias. “Merece a pena esta visita para coñecer algunhas das moitas iniciativas postas en marcha a través destes grupo de desenvolvemento rural”, declarou Ángeles Vázquez, e engadiu que a través destas axudas Leader conseguimos “mellores servizos, asentar poboación e crear postos de traballo”.

Leer más:  Este miércoles en Vigo se está llevando a cabo el juicio de dos personas acusadas de defraudar más de 80.000 euros mediante la venta de equipos médicos

Así, no municipio da Porqueira, a conselleira coñeceu a explotación areeira de Míllaras que, cunha axuda superior aos 100.000 euros (o 50%), está a modernizar a compañía con nova maquinaria e a renovación eléctrica. Nese mesmo concello, púxose en marcha unha nova empresa de xardinería con dous traballadores e solicitou unha axuda deste tipo para a compra de maquinaria e equipamento e a construción dun local no que gardala. Así, outorgóuselle unha achega de máis de 17.600 euros para sufragar a metade dos gastos.

Servizos para os veciñosXa en Vilar de Santos a aposta foi de carácter social, porque se levarán a cabo tres actuacións para mellorar a atención ás mulleres e ás persoas con mobilidade reducida, ao tempo que se incorporan novas tecnoloxías para a xente moza da contorna. En concreto, instalarase un ascensor na casa do concello, crearase unha oficina de atención á muller e renovarase a aula Cemit (Centro para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica), estes dous espazos no centro social do municipio. En total, o orzamento preciso é superior aos 122.000 euros e recibirá unha achega de 85.000 euros para facer fronte aos pagos.

Leer más:  Rueda reprende a la conselleira de Medio Rural por sus comentarios incendiarios: "Fueron desafortunados y se lo comenté"

Tamén melloras nos servizos para os veciños foi polo que apostaron no concello de Vilar de Barrio, onde se adaptará un local municipal para a súa transformación en velorio cunha achega de 5.100 euros (o 43% do orzamento).

Posta en valor do patrimonioDoutra banda, este GDR quixo impulsar a escavación arqueolóxica e posta en valor do castro situado en Outeiro do Castro, entre os concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Neste caso o proxecto inclúe labores de roza, rareo e poda nunhas tres hectáreas dentro do recinto arqueolóxico, así como nos camiños de acceso, e a sinalización destes accesos coa colocación de paneis informativos no inicio dos camiños. A escavación, de aproximadamente 200 metros cadrados, inclúe un levantamento topográfico e un estudo dos materiais arqueolóxicos atopados durante a escavación, así como a correspondente información posterior.

En total, farase un investimento de 38.600 euros cunha axuda do 90%, preto de 35.000 euros. O obxectivo principal é a recuperación patrimonial do recurso co fin de fomentar a dinamización turística dos concellos de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.  

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

- Te recomendamos -