Inicio Galicia Ethel Vázquez salienta que o itinerario peonil e ciclista entre A Laracha...

Ethel Vázquez salienta que o itinerario peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo sitúa a Bergantiños como a comarca galega na que a execución do Plan de sendas está máis adiantado

0

Esta senda supuxo un investimento de preto de 1 millón de euros e vén a sumarse aos 750.000 euros destinados á existente entre A Laracha e Poisaco

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que o remate das obras do novo itinerario peonil e ciclista entre A Laracha e O Cancelo permite situar a Bergantiños como a comarca no que a execución do Plan de Sendas de Galicia está máis adiantado.

Cumprindo coa palabra dada na súa visita anterior para supervisar o fin das obras da senda peonil e ciclista ata Paiosaco, a conselleira volveu hoxe ao Concello da Laracha para amosar sobre o terreo “o entón proxecto, e hoxe transformado en feitos”, novo itinerario mixto entre A Laracha e O Cancelo.

Esta actuación supuxo un investimento da Xunta de preto de 1 millón de euros e vén a sumarse aos 750.000 euros destinados á senda entre A Laracha e Poisaco. E, tal e como sinalou a conselleira, mostran a aposta da Xunta pola mellora da seguridade viaria e pola protección do medio ambiente, coa construción de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe.

Leer más:  La Federación Amigos del Camino de Santiago confía en el proyecto de Altri y solicita no "un impacto neutro, sino positivo"

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde, José Manuel López, supervisou hoxe o remate desta nova senda mixta que, tal e como subliñou, marcan para os veciños da entorna un antes e un despois, ao transformar estradas nas que dominaba o uso do automóbil en infraestruturas tamén seguras para os peóns e cunha mellor integración urbanísticaA novo itinerario de uso compartido que une os núcleos da Laracha e O Cancelo, de preto de 2 km de lonxitude, comeza no lugar onde xa existían beirarrúas, na Laracha, e continúa, pola marxe esquerda da estrada AC-552, ata a intersección coa estrada Deputación que conduce ao Cancelo, tras pasar a glorieta de enlace coa autoestrada autonómica AG-55. Esta senda peonil e ciclista, que conta cun ancho de 2 metros, está separada da estrada por unha zona axardinada e está pintada de formigón coloreado, para que sexa máis facilmente visible e identificable polos vehículos que transitan esta estrada.

Segundo abundou a responsable do departamento de Infraestruturas da Xunta estes itinerarios mixtos se enmarcan no Plan de Sendas de Galicia, cofinanciadas con fondos europeos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e que na comarca de Bergantiños está xa moi avanzado. Concretou que é a comarca galega na que a execución do plan está máis adiantada, onde se prevén 7 novas sendas que suman 11 km e que supoñen un investimento próximo aos 5 millóns de euros.

Leer más:  La Reina Sofía visita el Banco de Alimentos de Lugo, un "logro alcanzado" para la entidad benéfica

Nestes momentos, seguiu explicando, están xa rematadas 4 sendas, esta da Laracha- O Cancelo, a da Laracha-Paiosaco, a de Xornes-Buño-Canta La Rana e a de Carballo-Bértoa. Ademáis está en obras a senda de Neaño-Cabana, ademais dos itinerarios de Laxe-Paseo Marítimo e Carballo-Coristanco, cos proxectos rematados e en supervisión. Ethel Vázquez expresou tamén o compromiso de continuar traballando arreo para facer realidade canto antes o resto de actuacións que están proxectadas na comarca, con investimentos que facilitan os desprazamentos cotiás da xente e incrementan a seguridade viaria.

Investimentos do departamento de Infraestruturas da Xunta, engadiu, como os que fan posible por a disposición dos veciños estas sendas, e ao tempo con actuacións de mellora do firme como os que se están a executar nesta mesma estrada, e no resto das estradas autonómicas que discorren pola Laracha. Actuacións continuas de reforzos nos que agora, e de cara ao vindeiro ano, se investirán preto de 250.000 euros.  


- Te recomendamos -