Inicio Galicia Esta fin de semana a Ribeira Sacra será o escenario onde comeza...

Esta fin de semana a Ribeira Sacra será o escenario onde comeza Dixitalon, programa formativo para a transformación dixital de autónomos e micropemes

0

O Parador de Santo Estevo acolle, desde o venres 9 ata o domingo 11, a autónomos e micropemes de diversos sectores como o pequeno comercio, a construción, servizos sociais, alimentación e bebidas ou enxeñería

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) arranca este fin de semana na Ribeira Sacra as edicións de DixitalON, programa formativo sobre transformación dixital para autónomos e micropemes.

A transformación dixital é unha carreira de fondo, onde os tempos e obstáculos non son os mesmos para un autónomo, unha micropeme ou unha peme. Consciente desta realidade, a Amtega lanzou este novo formato, especialmente deseñado para autónomos e micropemes, que consiste en actividades de formación durante estadías de fin de semana en contornas privilexiadas de Galicia, como a Ribeira Sacra ou as Fragas do Eume.

O Parador de Santo Estevo acolle ao primeiro grupo de pequenos empresarios de diversos sectores (pequeno comercio, construción, servizos sociais, alimentación e bebidas ou enxeñería) que durante dous días compartirán as súas inquedanzas sobre a dixitalización dos seus negocios e recibirán as nocións clave para asumila do xeito más efectivo e adaptado as súas necesidades particulares.

Leer más:  Sartorius pide "pasar a la ofensiva" ante la operación de "acoso" a "la democracia" y solicita que Sánchez "aguante"

DixitalON abandona o formato tradicional de formación para ir a novas dinámicas como o Visual Thinking ou a metodoloxía Lego Serious Play para explorar como transformar dixitalmente un negocio baseándose nos procesos clave de cada empresa. Para completar esta experiencia, os asistentes degustarán produtos típicos da zona e realizarán visitas a empresas da zona que están acometendo procesos de dixitalización e comprobar in-situ os resultados.

Prazas dispoñibles para DixitalON Fragas do EumeAqueles autónomos e micropemes que non puideron sumarse a DixitalON Ribeira Sacra, teñen a oportunidade de facelo na segunda edición de DixitalON, do 23 ao 25 de novembro, nas Fragas do Eume, o parque natural de Galicia considerado un dos máis importantes bosques atlánticos de toda Europa.

Para participar en DixitalON cómpre preinscribirse a través da páxina web do Centro Demostrador (https://cdtic.xunta.gal/dixitalOn-FragasDoEume) ou no correo electrónico [email protected].  


- Te recomendamos -