Inicio Galicia A construción dun modelo innovador de embarcación pecha un proxecto de Cetmar...

A construción dun modelo innovador de embarcación pecha un proxecto de Cetmar no Salvador para mellorar as condicións dos pescadores artesanais

0

Técnicos do Centro Tecnolóxico do Mar viaxan ao país salvadoreño para presentar os resultados desta iniciativa, financiada por AECID e pola Vicepresidencia da Xunta a través de Cooperación Galega

Unha acción formativa na que participaron dez mozos e mozas do Salvador e impartida por expertos do Centro Tecnolóxico do Mar permitiu a construción dun modelo e dun molde de embarcación adaptada as condicións e necesidades da pesca artesanal no país centroamericano.

Esta actividade enmárcase nun proxecto a través do que CETMAR vén desenvolvendo diferentes accións dende 2016 e que ten como obxectivo global mellorar as condicións de traballo dos profesionais deste sector no Salvador. Os resultados finais deste proxecto serán presentados a vindeira semana por representantes da Fundación CETMAR ás autoridades do país.

O proxecto está financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo e pola Vicepresidencia da Xunta a través de Cooperación Galega, e tras un proceso de investigación previo sobre a situación da frota artesanal salvadoreña, permitiu a realización dun anteproxecto de embarcación e dun proxecto de modelo e molde que tres mulleres e sete homes fixeron realidade nunha acción formativa que contou co asesoramento de expertos de CETMAR.

Leer más:  El viento, con rachas de más de 150 km/h , deja este miércoles en Galicia más de 160 incidencias

O Centro Tecnolóxico do Mar dará conta agora de todos estes resultados nunha misión que ademais permitirá constatar os avances doutro proxecto que a fundación galega está levando a cabo na mesma zona, e que pretende contribuír a mellorar o acceso ao emprego dos beneficiarios do proxecto anterior. Esta iniciativa, financiada tamén pola Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega, finalizará en decembro despois de traballar cos dez alumnos do curso citado na posta en marcha de plans de negocio ou cooperativas, propiciando así o seu acceso a un emprego.

Para este último proxecto, CETMAR conta coa colaboración do Goberno do Salvador a través da Comisión Nacional de la Micro y Pequeña Empresa del Salvador (CONAMYPE) e do Instituto Salvadoreño de Formación Profesional (INSAFORP), así como da Fundación para la Democracia, Seguridad y Paz (FUNDEMOSPAZ).

Delegación do Salvador en VigoParalelamente a toda esta actividade en terreo, o Centro recibirá o vindeiro luns a visita dunha delegación salvadoreña que se enmarca noutro proxecto no que participou CETMAR neste país, e que ten como obxectivo mellorar as condicións para o aproveitamento responsable dos recursos ecoturísticos, acuícolas, pesqueiros e medioambientais dos municipios de San Luis La Herradura y Tecoluca.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

A xira, organizada polo Centro Tecnolóxico do Mar, permitirá a tres representantes do Salvador coñecer os sectores pesqueiro, da construción naval e da formación marítimo-pesqueira en Galicia. A delegación, que permanecerá en Vigo do 12 ao 17 de decembro, está formada polo alcalde de Zacatecoluca, polo presidente da Federación de Cooperativas de Producción y Servicios Pesqueros La Paz (FECOOPAZ) e por unha das alumnas do curso de modelismo. 


- Te recomendamos -