Inicio Galicia A Xunta estudará colaborar co concello de Beariz nun proxecto para humanizar...

A Xunta estudará colaborar co concello de Beariz nun proxecto para humanizar os accesos á aldea singular de Alvite

0

O alcalde Manuel Prado reuniuse coa conselleira Ángeles Vázquez para trasladarlle a súa intención de actuar na vía de entrada á praza principal deste núcleo, recoñecida como exemplo de rehabilitación urbanística, recuperación de infraestruturas e revitalización socioeconómica no rural


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, mantiveron unha xuntanza esta semana para avaliar un proxecto de humanización urbanística no que traballa o concello co fin de continuar coa rehabilitación de espazos comúns no núcleo rural de Alvite.

Concretamente, a intención do goberno municipal pasa por actuar sobre os accesos á praza principal de Alvite, unha aldea singular que nos últimos anos ten experimentado un gran pulo e desenvolvemento desde o punto de vista social, turístico e demográfico pola vía de diversas actuacións de rehabilitación de iniciativa tanto pública como privada.

Tras coñecer o proxecto, Ángeles Vázquez mostrouse disposta a estudar a posibilidade de que a consellería colabore neste proxecto, que ten como obxectivo principal, tal e como lle trasladou o alcalde de Beariz, mellorar e acondicionar os accesos á praza principal da aldea, recentemente reformada pero cunha vía con pavimentación bastante deteriorada.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

Cómpre lembrar que a Consellería de Medio Ambiente promove e colabora cos concellos a través de diversas liñas de axudas no desenvolvemento de intervencións urbanísticas orientadas a frear o despoboamento do rural, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais e, en definitiva, mellorar o benestar e a calidade de vida da poboación das vilas e cidades galegas. 


- Te recomendamos -