Inicio Galicia Díaz Mouteira destaca o compromiso do Goberno galego para favorecer un envellecemento...

Díaz Mouteira destaca o compromiso do Goberno galego para favorecer un envellecemento activo

0

A delegada territorial da Xunta en Ourense participou hoxe na presentación da undécima edición da feira Galisenior que se celebra esta semana en Expourense

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación da programación da undécima edición de Galisenior, o Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebrará en Expourense os días 9 e 10 e que centra as súas actividades na promoción dunha vida activa, autónoma e saudable para nas persoas s maiores.

Díaz Mouteira puxo en valor a feira Galisenior que conta cun total de 45 expositores e que constitúe un espazo para o intercambio de experiencias entre todos os axentes sociais galegos, públicos e privados, relacionados co sector do maior. “Este evento converte á cidade de Ourense por uns días no referente estatal da xerontoloxía”, asegurou.

Marisol Díaz asegurou que os maiores galegos son “peza esencial” para a nosa sociedade e que a súa atención é un dos obxectivos prioritarios das políticas sociais da Xunta de Galicia.

Leer más:  Cuatro detenidos tras el apuñalamiento de un hombre en A Coruña

A delegada territorial, na súa intervención, indicou que o compromiso con este colectivo por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 310 millóns de euros. Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou, permite consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF) ou ampliar a ratio de atención a persoas dependentes ata situalo no 82,2%.

A Xunta de Galicia aproveita a plataforma que ofrece Galisenior para promover as distintas actividades e programas que se están a desenvolver na nosa comunidade destinadas a reducir o impacto da dependencia na calidade de vida, enmarcados na Estratexia galega de envellecemento activo, que xorde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media en Galicia.  


- Te recomendamos -