Inicio Galicia Cultura organiza unha xornada sobre a prensa histórica como fonte documental e...

Cultura organiza unha xornada sobre a prensa histórica como fonte documental e a súa conservación do papel ao dixital

0

O profesor da USC Xosé Luís Barreiro Rivas pronunciará a conferencia inaugural dun encontro promovido pola Biblioteca de Galicia que contará tamén con xornalistas como José de Cora ou Sofía Vázquez

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Biblioteca de Galicia, organiza a xornada Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital, que terá lugar o venres 8 de xuño, a partir das 9:30 horas. O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Barreiro Rivas será o encargado de pronunciar a conferencia inaugural e o encontro contará con destacados relatores do mundo do xornalismo e a universidade, así como técnicos das bibliotecas.

O prazo de inscrición na xornada, dirixida a persoal técnico que desenvolve o seu labor en bibliotecas e arquivos e tamén a investigadores e público en xeral interesados na prensa histórica como fonte de información, ábrese hoxe, 22 de maio, a través da web cidadedacultura.gal. É de balde e só é posible realizar unha inscrición por persoa.

A dixitalización nos xornaisO director xeral do Grupo El Progreso, o xornalista e escritor José de Cora, abordará o uso das hemerotecas dixitais como fonte de investigación con motivo do 110 aniversario do xornal cabeceira do grupo. Pola súa banda, a redactora xefa de organización de La Voz de Galicia, Sofía Vázquez, e o seu responsable de sistemas, tecnoloxía e redes, Miguel Silva, explicarán polo miúdo o proxecto de dixitalización dun dos xornais máis antigos de Galicia.

Leer más:  El PPdeG agradece a Elena Rivo los servicios prestados y asegura que deja un buen número de amigos en el Parlamento

O catedrático da USC, xornalista e antigo decano da Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela Xosé López García centrará a súa intervención na historia da prensa comarcal na comunidade galega.

Algunhas desas cabeceiras de prensa comarcais aínda se seguen a publicar hoxe en día, experiencia que trasladarán a decana da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, María Isabel González Rey, e o presidente da Asociación de Pedagogos de Galicia, José Manuel Suárez Sandomingo, no seu relatorio titulado A evolución de La Voz de Ortigueira na comarca do Ortegal.

Obtención de datos a través da prensaMiguel Anxo Seixas, doutor en Historia e escritor, explicará, desde a experiencia da súa tese doutoral sobre Castelao, a utilización da prensa histórica como fonte de información nos traballos de investigación. Mentres que o seu relatorio se centrará especificamente na área de humanidades, a do doutor en Ciencias Físicas, Juan Añel, mostrará como a prensa histórica pode ser de utilidade para estudos científicos sobre o cambio climático.

Helena Verdía e Noelia Bascuas, do equipo técnico de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, xunto co investigador Enrique Santos Gayoso farán un repaso pola obra Historia de la Prensa en Galicia, considerado un repertorio bibliográfico de referencia da prensa histórica en Galicia desde o ano 1800. O xefe do servizo da Biblioteca de Galicia, Daniel Buján, falará sobre a colección hemerográfica de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia, mentres que as súas colegas, Lola Rodríguez Fuentes, de Xestión de Coleccións de Publicacións Seriadas da Biblioteca Nacional de España, e Paquita Navarro, responsable da Unidade de Dixitalización da Biblioteca de Catalunya, analizarán os fondos de publicacións periódicas que se atopan nos arquivos das bibliotecas nas que traballan.  

Leer más:  La Policía Nacional incauta 14 kilos de hachís al desmantelar una banda criminal en Ourense y detiene a 5 personas

- Te recomendamos -