Inicio Galicia Cores Tourís inaugura o novo obradoiro de emprego agrupado dos concellos de...

Cores Tourís inaugura o novo obradoiro de emprego agrupado dos concellos de Valga e Moraña

0

Nesta iniciativa formaranse 20 alumnos en Albanelería e Aproveitamento Forestal


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, foi esta mañá o encargado de inaugurar o novo obradoiro de emprego dual agrupado dos concellos de Valga e Moraña centrado en albanelería e aproveitamento forestal. A administración autonómica aportou 288.807 euros para poder desenvolver esta iniciativa.

O delegado territorial estivo acompañado nesta inauguración polos alcaldes de ambos municipios, Luisa Piñeiro e José María Bello Janeiro, así como polo xefe territorial de Economía, Ignacio Rial. O obradoiro “Ulla-Umia III”, permitirá formar a 20 alumnos en Fábricas de Albanelería e Aproveitamento Forestal e Mellora de Montes. Cores Tourís recordou que este tipo de iniciativas teñen “un obxectivo claro: dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente. De feito, esta é a labor que estes dous concellos están a levar a cabo grazas a estes obradoiros nos que se investiron, nos últimos anos, 750.000 euros para formar a 60 veciños de ambos concellos”.

Os alumnos aproveitarán a súa formación para levar a cabo durante este curso prácticas coas que se poderá rehabilitar edificios municipais de ambos concellos, lavadoiros e fontes, así como se mellorará e acondicionará forestalmente varios tramos do camiño portugués.

Leer más:  Este martes, Rueda informará al rey Felipe VI que Galicia se siente cómoda dentro del marco constitucional

En total desenvolveranse 26 obradoiros na provincia, 18 duais e 8 dirixidos a mozos de menos de 25 aos, nos que participarán 487 alumnos. No caso dos obradoiros duais, como de Valga-Moraña, a novidade é a combinación dun contrato de formación e de aprendizaxe durante nove meses. O investimento na provincia para obradoiros roldará os 6,4 millóns de euros. Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o delegado territorial, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

De feito, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou o acto para expor as vantaxes que supoñen os obradoiros de emprego como é a súa contribución a fixar poboación no rural. Cores Tourís, por último, destacou que os obradoiros, ademais de ofrecer unha formación de calidade e un acceso a un emprego cun contrato fomentan a colaboración institucional. “A formación é a chave que pode abrir oportunidades de cara ao futuro no eido laboral”, indicou, ao tempo que asegurou que “ninguén coñece mellor que os concellos as demandas e necesidades dos cidadáns, as obras e servizos máis necesarios e as oportunidades de emprego de cada zona”.

Leer más:  Contas señala una "deficiente" presupuestación de la Xunta en 2022 con alza de ampliaciones de crédito y contingencias

Agradeceu, deste xeito, a colaboración e coordinación dos concellos cos obradoiros de emprego para contribuír a mellorar o emprego nas comarcas de Galicia. 


- Te recomendamos -