Inicio Galicia Almuiña destacou que preto de 20.600 profesionais presentaron xa a solicitude para...

Almuiña destacou que preto de 20.600 profesionais presentaron xa a solicitude para o recoñecemento de grao da carreira profesional do Sergas

0

O conselleiro de Sanidade indicou que a medida implicará un incremento retributivo medio dun 6% e suporá un custo de arredor de 40 millóns de euros

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que a convocatoria para solicitar un grao da carreira conforme ao réxime transitorio e excepcional de encadramento rexistrou ata o momento 19.794 solicitudes de recoñecemento de grao no encadre, “o que supón o 96 % das posibles solicitudes por esta vía”. Almuiña fixo estas declaracións hoxe no transcurso da súa comparecencia no Parlamento, onde informou sobre o acordo acadado en xullo pasado entre o Sergas e as organizacións sindicais (CESM, SATSE, UGT, CSIF e CIG) sobre a carreira profesional. O prazo para presentar solicitudes a esta convocatoria remata o vindeiro 28 de setembro.“Este primeiro encadre permitirá que máis de 22.000 profesionais teñan un grao de carreira máis, implicando un incremento retributivo medio dun 6%”, manifestou o titular de Sanidade. A medida suporá un custe de preto de 40 millóns de euros. Este réxime de encadramento é para os profesionais que estean en situación de activo (ou con reserva de praza) o 1 de xullo de 2018 e que durante os anos da crise económica viron paralizada a posibilidade de progresar nos graos. O pago do complemento derivado deste réxime transitorio e excepcional de encadramento será abonado nun 60% no ano 2019, para chegar ao 100% da contía a partir do ano 2020.

Leer más:  El PSdeG propone a Luis Lago Lage para Organización, en una ejecutiva en la que Carmela Silva continúa como presidenta

Almuiña indicou que o acordo da carreira profesional non só sitúa este recoñecemento entre os mellores de España, senón tamén que as contías do complemento de carreira sitúan á Galicia por riba da media da remuneración deste concepto no Sistema Nacional de Saúde. “Co acordo acadado coas organizacións sindicais, cumprimos co noso compromiso e implantamos en Galicia un verdadeiro sistema ordinario de carreira para todos os colectivos profesionais do Servizo Galego de Saúde”, remarcou.

O titular da carteira sanitaria galega subliñou que, co acordo das bases da carreira profesional, a Xunta segue fiel ao seu compromiso de traballar por unha sanidade pública de calidade e pola mellora das condicións laborais dos profesionais. Este acordo súmase ao conxunto de medidas xa adoptadas no eido da sanidade pública na procura da mellora das condicións de traballo do persoal do Sergas, como é a convocatoria de OPES anuais, o Plan de estabilidade laboral, a flexibilización da idade de xubilación ou o Pacto de contratación temporal.

Leer más:  Besteiro hace un llamado a la militancia para "reactivar" el PSdeG y anuncia una conferencia política en otoño

A carreira profesional estrutúrase nun grao inicial (ao que poderá acceder o persoal fixo da categoría, o persoal interino en praza vacante e o persoal fixo doutra categoría que está a desempeñar unha praza vacante por promoción interna temporal) e catro graos. O ciclo completo dos 4 graos para persoal licenciado sanitario é de 22 anos, o que sitúa a Galicia por baixo doutras comunidades como Cataluña ou País Vasco, nas que se requiren 25 anos.

Para determinar se un profesional é apto para subir de grao, as bases recollen un baremo, adaptado ás características de cada colectivo profesional, no que se valorarán os seguintes criterios: actividade asistencial (rendemento e calidade); competencia asistencial; formación, docencia, investigación e innovación, e implicación e compromiso coa organización. Todos estes aspectos serán valorados por comités de avaliacións específicos creados en cada institución ou entidade.

Acceso aos graos I a IV, no 2020Durante a súa comparecencia, Almuiña tamén anunciou que o Sergas procederá no segundo semestre do ano 2020 á primeira convocatoria do procedemento ordinario para acceder aos graos I a IV da carreira profesional.

Nesta convocatoria ordinaria, o persoal que tivera acadado a condición de fixo do Sergas ou en entidades adscritas antes do 31 de decembro de 2011, e que no momento desta primeira convocatoria sexa persoal estatutario, quedará exonerado do requisito de permanencia no grao anterior previsto nas bases (sempre que tivera permanecido continuamente en situación de servizo activo) desde o último recoñecemento de grao. Esta medida de exoneración, permitirá que arredor de 13.000 profesionais “adianten o recoñecemento doutro grao máis respecto do recoñecido no presente ano 2018”. O pago do complemento de carreira recoñecido no 2020 producirase nunha porcentaxe do 50% no ano 2021, e o restante no ano 2022, “de xeito que se cobrará o 100% da contía a partir do ano 2022”, explicou.

Leer más:  En A Coruña se llevan a cabo las principales manifestaciones por el Día del Trabajo con énfasis en la petición de salarios más altos

Obxectivos e claves do acordoO obxectivo do sistema de carreira profesional é recoñecer a achega dos profesionais á mellora da calidade dos servizos sanitarios públicos; distinguir aos profesionais outorgando un recoñecemento obxectivo á súa competencia profesional individual; xerar corresponsabilidade e fomentar a cultura do compromiso co sistema sanitario público, promovendo a actualización dos seus coñecementos e competencias e a mellora da súa cualificación. As bases tamén blindan a equiparación plena dos dereitos recoñecidos dos médicos, persoal de enfermería e resto do persoal sanitario e non sanitario e o pleno recoñecemento económico dos mesmos dereitos para o persoal interino.  


- Te recomendamos -