Inicio Galicia A Xunta remítelle ao Ministerio de Fomento unha proposta de convenio para...

A Xunta remítelle ao Ministerio de Fomento unha proposta de convenio para impulsar conxuntamente a construción da variante de Ponteareas

0

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda reitera o interese da Xunta por esta infraestrutura xa manifestado ante o anterior Goberno de España

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, remitiulle hoxe ao Ministerio de Fomento unha proposta de convenio para impulsar a construción da variante de Ponteareas. Desta forma, a titular de Infraestruturas do Goberno galego reitera o interese por esta infraestrutura que xa viña manifestando ante o anterior Goberno de España, ao que lle solicitou no ano 2017 a consignación dunha partida específica nos Presupostos Xerais do Estado de 2018.

Na misiva, a conselleira lembra que unha vez aprobados e en vigor eses Presupostos Xerais, cunha partida específica para este proxecto, é preciso avanzar na tramitación necesaria para executar esta actuación.

Cómpre lembrar que en maio de 2015 a Xunta firmou un protocolo de colaboración co Ministerio de Fomento e o Concello de Ponteareas para promover o deseño e a execución desta infraestrutura estratéxica, unindo a autovía A-52 e N-120, de titularidade estatal, para evitar o paso polo casco urbano.

Leer más:  El BNG pone el foco en la situación judicial de uno de los 9 nuevos diputados del PP tras su toma de posesión

Este protocolo está pendente do seu desenvolvemento mediante un convenio de colaboración, polo que o Goberno galego vén de remitirlle á Dirección General de Carreteras unha proposta de texto que recolle os puntos acordados en 2015 entre as citadas administracións.

A execución desta infraestrutura viaria ten como obxectivo a interconexión das estradas estatais, autonómicas e locais nesta contorna e a mellora da accesibilidade ao núcleo de Ponteareas.

Para isto, estímase conveniente o deseño dunha vía que conecte no punto quilométrico 8+700 da estrada Salvaterra de Miño- Ponteareas (PO-403), nas inmediacións do enlace da A-52, coa N-120.


- Te recomendamos -