Inicio Galicia A Xunta reafirma o seu compromiso cos afectados pola explosión de Paramos

A Xunta reafirma o seu compromiso cos afectados pola explosión de Paramos

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, recordou hoxe que a Xunta non é parte do procedemento xudicial aberto contra a empresa de pirotecnia “La Gallega”

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, reafirmou hoxe de novo o compromiso da Xunta cos afectados pola explosión de Paramos (Tui), e lembrou que foi a Administración autonómica a única que habilitou, en tempo récord, unha liña de axudas completa e coa mínima esixencia de documentación.

A convocatoria de axudas do Goberno galego puxo a disposición dos afectados, pouco despois da traxedia, ao redor de 8 millóns de euros en axudas directas para a reconstrución de vivendas e para o aloxamento provisional dos afectados, dos que xa foron abonados máis de 2 millóns de euros. Ademais, as reclamacións dos veciños foron tamén trasladadas ás administracións correspondentes e en encontros ao máis alto nivel, como na reunión entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do Goberno, Pedro Sánchez.

Durante unha pregunta parlamentaria sobre a execución da sentenza sobre a licenza da empresa de pirotecnia “La Gallega”, Fernández-Tapias recordou que a Xunta non é parte neste procedemento xudicial e que, polo tanto, o control externo da legalidade das actuacións de calquera administración depende en exclusiva dos xulgados e tribunais. En calquera caso, aclarou que esta sentenza non se refire ao almacén ilegal, non autorizado, no que se produciu a explosión de Paramos.

Leer más:  El PPdeG asegura que en las elecciones europeas se podrá elegir entre "más presencia de Galicia en Europa" o "dar más atención a los independentistas"

En canto ás inspeccións, estas son competencia do Goberno central -neste caso, da subdelegación de goberno-, a quen corresponde a vixilancia e control deste tipo de instalacións. De feito, precisamente por iso, tras a explosión de Paramos a Xunta reclamou do Estado unha revisión xeral do sector.


- Te recomendamos -