Inicio Galicia A Xunta promove a captación de talento coa incorporación de 40 profesionais...

A Xunta promove a captación de talento coa incorporación de 40 profesionais menores de 35 anos en 23 entidades pontevedresas

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que o programa Principia mobiliza 3,4 millóns de euros nesta terceira edición na que o 90% dos contratos son indefinidos e na que será a primeira experiencia laboral para o 36% dos seleccionados

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Consellería de Economía e Industria acaba de resolver a terceira convocatoria do programa Principia que permitirá a contratación de 40 mozos e mozas titulados en 23 entidades galegas. En total, en Galicia, contrataranse 110 profesionais en 59 empresas.

Trátase dunha iniciativa pioneira posta en marcha no ano 2016 para favorecer o mantemento do talento na Comunidade e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i.

Mediante estes contratos, que deberán ter unha duración mínima dun ano, o Goberno galego busca abrir unha porta ao mercado laboral a universitarios ou titulados de FPII con pouca experiencia, xa que o programa está focalizado nos mozos e mozas menores de 35 anos con menos de 36 meses empregados na súa categoría profesional.

Leer más:  Dos detenidos en la desarticulación de un punto de venta de cocaína y hachís en un piso de Arteixo (A Coruña)

Deste xeito, beneficiaranse empresas de Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, Marín e Lalín, ademais de firmas de Vigo, Mos e Nigrán.

Todas elas dedícanse aos sectores da información e o coñecemento; a industria auxiliar; os servizos profesionais; a construción e a os artigos de consumo; así como ao sector agroalimentario, a electricidade e a educación. Entre as beneficiarias se atopan firmas como Hifas da Terra, Qubitia Solutions, Setga, Inasus ou Thelabco Europe.

Nesta terceira convocatoria -que conta cun investimento público de 1,1M€ que mobilizará 3,4- o 93% das entidades beneficiarias son empresas e o 90% dos contratos concedidos son indefinidos. Ademais, nove de cada dez dos traballadores recibirán máis de 60 horas de formación a cargo da empresa e o 36% dos técnicos seleccionados carece de experiencia laboral, o que confirma que este programa é unha boa ferramenta para impulsar a empregabilidade dos mozos e mozas titulados.

Búscase que lles sirva como anclaxe ao mercado laboral, de forma que sexan contratados polas empresas despois da finalización do programa, reforzando así a competitividade en materia de investigación do tecido empresarial galego. De feito, o 64% dos contratados nas dúas primeiras convocatorias non tiña experiencia laboral e a media de idade non chega aos 28 anos.

Leer más:  Pontón empatiza con Sánchez y espera que la legislatura tenga continuidad para cumplir el acuerdo de investidura

Consolídase así este programa pioneiro en Galicia que, desde a súa posta en marcha en 2016, e contando esta nova edición, concedeu axudas para a contratación de máis de 372 profesionais que se traduce nunha mobilización de 11,7 millóns de euros en 158 entidades. Unha iniciativa que trata, ademais, de incentivar a contratación feminina e fomentar as vocacións STEM entre as mulleres e que conseguiu que o 42% dos contratos foran femininos nas dúas primeiras edicións, alcanzando nesta última a práctica paridade laboral.

No marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), a Xunta continúa así a súa aposta pola captación e retención do mellor talento, como unha das ferramentas principais para aumentar a capacidade innovadora do tecido produtivo galego e con ela a competitividade da Comunidade, obxectivo recollido, tamén, no Plan Galicia Innova 2020.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), ten posto en marcha varios programas cun gran impacto na retención de talento en Galicia. Así, destacan iniciativas como os contratos-programa -que apoian aos centros tecnolóxicos e ás fundacións sanitarias-, as Unidades Mixtas de Investigación, ou o programa Oportunius, reforzando así a capacidade de innovación de Galicia e tendendo pontes entre os organismos públicos de investigación e o tecido empresarial. Proximamente sumarase, tamén, o novo programa Talento Senior.

Leer más:  Besteiro motiva a "no retroceder ni un paso" ante la parte "más corrupta" de la política: "Es necesario avanzar hacia adelante"

- Te recomendamos -