Inicio Galicia Cores Tourís visitou a adega Lagar da Condesa co gallo do avance...

Cores Tourís visitou a adega Lagar da Condesa co gallo do avance nas obras que se están a executar grazas á colaboración autonómica

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra destacou que os traballos contan cun orzamento de case 1,8 millóns euros cunha subvención de 652.000


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá a adega Lagar da Condesa situado no concello de Caldas de Reis, co gallo de comprobar o avance dos traballos que esta firma está a executar grazas ás axudas para industrialización e comercialización da Consellería de Medio Rural e que lle permitirán ter acondicionada a zona de recollida da uva para esta próxima vendima.

O delegado territorial puido comprobar a ampliación da superficie da adega así como a instalación de novos sistemas de fontanería, frío e maquinaria acompañado do representante da adega, David Landín.“Gustaríame destacar a importancia de axudas como as que permitiron ampliar e crecer a esta adega”, engadiu o delegado territorial. “A Xunta é consciente da necesidade de ampliación e modernización do noso sector agrogandeiro de cara a poder ser competitivo, como é o caso da adega que hoxe visitamos”.

Leer más:  Sanidade reemplaza a los gerentes de las áreas sanitarias de Santiago, Ourense y Ferrol

A empresa solicitou á Xunta de Galicia, en 2017, axudas co obxectivo de reformar a adega, que contaba con 563 metros cadrados, ata chegar a unha superficie cuberta de 1.315 metros cadrados. Tamén están a investir en instalacións de fontanería, frío e electricidade na zona ampliada así como na adquisición de maquinaria e equipamento para o laboratorio, para os depósitos e para a zona de control.“En total, esta Lagar da Condesa contou con case 652.000 euros de axudas autonómicas no 2017 tanto para industrialización como para comercialización”, explicou Cores Tourís, quen matizou que en total, o investimento executado por esta empresa para estas obras superou o 1,8 millóns de euros, co obxectivo final de chegar a procesar máis de 600.000 quilos de uva, tres veces a cantidade do ano pasado.

En relación á Denominación de Orixe Rías Baixas, foron un total de 27 adegas as beneficiarias deste tipo de axudas, cun total de 11 millóns en investimentos dos cales, en subvencións autonómicas, foron aportados 3,2 millóns de euros. “Para o 2018 agardamos que o número de adegas interesadas en este tipo de subvencións sexa similar”, matizou.

Leer más:  El Partido Popular de Galicia se compromete a luchar en la Unión Europea por un equilibrio entre la conservación del lobo y la actividad agroganadera

Lagar da Condesa foi fundada en 2007 co obxectivo de producir e comercializar viño amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas. Conta cunha plantación de albariño xunto á adega, situada en Arcos da Condesa. Tamén adquire uva a viticultores da zona.

Na actualidade pertence ao grupo Gil Family States S.

L., conformado por varias empresas. Contan con cerca de 128 traballadores e o seu volume de negocio supera os 30,8 millóns de euros, presentando un balance de máis de 86 millóns.

Na campaña do pasado ano procesaron cerca de 255.000 quilos de uva albariña, tanto propia coma comprada, adquirindo viño a distintas adegas da zona, comercializando as marcas Lagar da Condesa e Vía XIX.

O delegado territorial aproveitou a visita a esta empresa para recordar a importancia do sector vitivinícola, non só para a provincia de Pontevedra senón tamén en toda Galicia. “O futuro da nosa comunidade autónoma”, afirmou, “pasa por apostar polos sectores con maior puxanza económica como, neste caso, é o vitivinícola”.

Leer más:  Una nave de suministros agrícolas está ardiendo en Tomiño (Pontevedra) y la Xunta ha activado el plan de emergencias

- Te recomendamos -