Inicio Galicia Miranda lembra a necesidade dun traballo conxunto entre as tres principais entidades...

Miranda lembra a necesidade dun traballo conxunto entre as tres principais entidades galegas de Salvador de Baía para potenciar a presenza da colectividade no Brasil

0

O secretario xeral da Emigración comprometeuse a seguir apoiando o labor que a Asociación Río Tea leva a cabo nesta rexión do país suramericano


O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou a importancia de que as tres principais entidades galegas en Salvador de Baía, Cabaleiros de Santiago, o Club Español e a Asociación Río Tea, traballen dun xeito conxunto na difusión e conservación da cultura e identidade galegas. O responsable autonómico insistiu no fundamental que esta unión de esforzos resulta para potenciar a presenza da colectividade galega nesta rexión de Brasil. Así llo trasladou ao presidente da Asociación Río Tea, José Regueira, durante o encontro que mantiveron na sede do departamento da Xunta de Galicia.

Miranda aproveitou, así mesmo, para trasladar ao máximo representante da entidade galega o apoio da Secretaría Xeral da Emigración ao labor que desde hai anos realiza en prol do fomento dos valores e as tradicións da comunidade galega no país suramericano. O titular do departamento do Goberno galego comprometeuse, de xeito, a continuar colaborando coa Asociación Río Tea para que poida ter ao día as súas instalacións de Salvador de Baía.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

O segundo país do mundo con máis galegosO Brasil é o segundo país do mundo cunha maior presenza de galegos, con 48.441 residentes, só por detrás da Arxentina, que segue a encabezar a listaxe con máis de 175.000 galegos, segundo os últimos datos oficiais publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), con data 1 de xaneiro de 2018. Deles 24.396 proceden da provincia de Pontevedra, 10.838 da Coruña, 11.159 de Ourense e 2.048 de Lugo. Do total de galegos residentes en Brasil só o 24,75 %, é dicir, 11.989 foron nados en Galicia; o resto son descendentes xa nacidos no país de destino.


- Te recomendamos -