Inicio Galicia A Xunta pon en valor a creatividade gastronómica da mocidade e os...

A Xunta pon en valor a creatividade gastronómica da mocidade e os produtos autóctonos a través do certame ?Xuventude Crea?

0

A gañadora foi Tania Castelo Martínez (Noia) co prato ‘Paté enxebre’. O segundo premio recaeu en Silvia González Pérez (Ponteareas) coa receita ‘Gelée de pemento de Guláns e framboesas con cremosos de choco branco e requeixo das Neves’ e o terceiro en David Puente Campos (Salceda de Caselas) co proxecto ‘Requeixo limón e mel’

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, destacou hoxe durante a final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea a creatividade dos participantes e o fomento da cociña saudable con produtos galegos de calidade. O Centro Superior de Hostalaría de Galicia acolleu esta tarde a fase final deste certame convocado pola Consellería de Política Social, que ten como obxectivo fundamental poñer en valor o talento xuvenil e ofrecer unha canle á mocidade para que manifesten as súas inquedanzas artísticas e culturais.

A vencedora do certame resultou Tania Castelo Martínez (Noia) coa receita Paté enxebre. O segundo premio recaeu en Silvia González Pérez (Ponteareas) polo prato Gelée de pemento de Guláns e framboesas con cremosos de choco branco e requeixo das Neves e en terceiro lugar quedou David Puente Campos (Salceda de Caselas) co proxecto Requeixo limón e mel. Os outros tres finalistas do certame foron: Roque Álvarez González (A Cañiza) con Requeixo afroitado, Ángel Márquez Canzoneri (Salvaterra) coa proposta Gravidade cero e Sandra Varela Garabatos (Pontevedra) con Lady castaña.

Leer más:  El incendio forestal de Cabanas (A Coruña) que afectó a 2,4 hectáreas ha sido extinguido

Durante dúas horas, estes seis mozos e mozas elaboraron os seus pratos segundo a receita que previamente presentaron ao certame. A base principal do prato, que podía ser salgado ou doce, foi a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia. Para a elección dos pratos gañadores os membros do xurado teñen en conta criterios como a presentación, a orixinalidade, a innovación, o aroma, o sabor, así como o emprego de produtos galegos de calidade.

Os premios nesta especialidade, ao igual que nas outras once do certame, son 3.000 euros para o gañador, 1.500 euros para os segundo e 1.000 euros para o terceiro.


- Te recomendamos -