Inicio Galicia A Xunta mantén as reivindicacións sobre as necesidades de mellorar os servizos...

A Xunta mantén as reivindicacións sobre as necesidades de mellorar os servizos e a modernización da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo

0

Destaca que a Xunta permanecerá atenta e vixiante para que se materialicen os compromisos trasladados hoxe por Renfe e Adif nesta liña de Feve, co obxectivo de avanzar na atención aos cidadáns das comarcas de Ferrol, Ortegal e a Mariña

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, salientou hoxe que a Xunta mantén as reivindicacións sobre as necesidades de mellorar os servizos e a modernización de Renfe-Feve na liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo, co obxectivo de avanzar na atención aos cidadáns das comarcas de Ferrol, Ortegal e a Mariña lucense.

A xuntanza celebrada hoxe a instancias da propia Xunta con Renfe Viaxeiros, Adif e os concellos das comarcas ás que da servizo esta liña de Feve, serviu para coñecer de primeira man as actuacións que están levando ambas as empresas públicas estatais nas prestación do servizo da liña Ferrol-Ribadeo, e na mesma Ignacio Maestro amosou a preocupación da Xunta coas incidencias que se están a producir na liña Ferrol-Ribadeo e o deficiente servizo que se está a prestar.

Explicou que a Xunta está a manter o liderado na reivindicación de melloras, tal e como recoñece a propia Adif e Renfe. Neste sentido, o director xeral de Mobilidade expresou que a Xunta se manterá atenta e vixiante para que se materialicen o cumprimento dos plans de mellora que se trasladaron hoxe no grupo de traballo no que participa a Xunta, concello e representantes de Renfe Adif.

Leer más:  La huelga de ambulancias prevista para jueves y viernes en Vigo, Cangas y Moaña ha sido suspendida

Ignacio Maestro referiu que Renfe Viaxeiros informou que esta á espera de asinar o novo contrato de Obrigas do Servizo Público co Ministerio de Fomento, que permitirá que entre xaneiro e febreiro do 2019 se implanten os horarios acordados cos alcaldes e a Xunta.

Sinalou que Renfe Viaxeiros anunciou ademais a renovación dos trens que prestan o servizo na liña de Ferrol-Ribadeo, 4 das 9 máquinas xa se teñen renovado e o resto irán producindo de forma paulatina nos vindeiros 3 anos. E tamén anuncio a próxima incorporación de 6 novos maquinistas aos que se sumarán en breve outros 2, que actualmente están en período de formación.

Explicou tamén, que Adif confirmou o remate en xullo das actuación previstas na Ponte do Barqueiro, cunha inversión de 1,8 millóns de euros, e que falou da próxima licitación do contrato para executar nos 254 km da liña entre Ribadeo e Ferrol a limpeza da vexetación, cun investimento de 2,7 millóns de euros.

Finalmente, Ignacio Maestro tamén citou outras actuación dan que se deron contan na reunión, como que se están a redactar os proxectos para suprimir as 6 incidencias que limitan a velocidade na vía férrea, que prevén licitar o ano que ven. E en materia de seguridade, ADIF sinalou ademais a licitación a corto prazo do sistema Asfa Dixital, entre Ferrol e Ortigueira, cun orzamento de 22 millóns de euros.

Leer más:  Académicos promueven un foro para conseguir que Galicia se convierta en "una región industrial avanzada, competitiva y libre de carbono"

- Te recomendamos -