Inicio Galicia Pontevedra A Xunta licita o proxecto de construción do novo centro de saúde...

A Xunta licita o proxecto de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas por 1,7 millóns de euros

0

O novo edificio sanitario contará cunha superficie construída de 1321 m2,, triplicando case a superficie do actual centro de saúde, e un prazo de execución de 15 meses

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, licita hoxe o proxecto de construción do novo centro de saúde de Salceda de Caselas (Pontevedra). O orzamento previsto para a construción desta nova infraestrutura sanitaria é de 1.786.729 euros e o prazo máximo de execución, unha vez adxudicada a obra, é de 15 meses.

A nova infraestrutura sanitaria contará cunha superficie construída de 1321 m2, o que supón un incremento de 863 metros cadrados (un 188% máis), respecto ao espazo do actual centro de saúde, que conta cunha superficie de 458 m2.

O Servizo Galego de Saúde xa presentou hai uns meses o proxecto de construción deste novo edificio da rede sanitaria pública galega. A superficie quedará distribuída nunha entrada con vestíbulo e zona de recepción e na área de asistencia sanitaria haberá 5 consultas de medicina xeral, 5 de enfermería, 1 consulta polivalente, 1 sala de técnicas, 1 sala de extraccións, 2 consultas de pediatría, 2 de enfermería pediátrica e 1 consulta para matrona.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia aumenta un 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

O novo centro de saúde de Salceda de Caselas disporá tamén de arquivo con historias clínicas, biblioteca/sala de xuntas, aseos e vestiarios, ademais doutros espazos con servizos comúns.

Na actualidade, o concello pontevedrés de Salceda de Caselas dispón de 7832 tarxetas sanitarias adscritas, das que 1391 son de pacientes en idade pediátrica.

As empresas interesadas en participar deberán presentar as súas ofertas, en sobre pechado, ben no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ben por correo postal. O prazo máximo para que os licitadores poidan presentar as súas proposicións rematará o vindeiro 6 de agosto. Os pregos do concurso público poden consultarse na plataforma de contratos públicos de Galicia a través deste enlace.


- Te recomendamos -