Inicio Galicia A Xunta inviste 200.000 euros en sete proxectos a través do GDR...

A Xunta inviste 200.000 euros en sete proxectos a través do GDR Miño-Ulla para o desenvolvemento económico e social de Taboada

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou a escola de equitación La Cruz, que recibiu financiamento para ampliar e mellorar as instalacións


A Consellería do Medio Rural destina 200.000 euros a impulsar sete proxectos no municipio de Taboada a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Miño-Ulla. O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe unha das iniciativas empresariais apoiadas por este programa, co que a Xunta “busca potenciar o desenvolvemento económico e social dos municipios rurais”, sinalou.

Balseiro desprazouse ata a escola de equitación La Cruz, que recibiu financiamento para a ampliación das instalacións, coa construción dunha nova nave, a reforma dos accesos incluída a eliminación de barreiras arquitectónicas, e o acondicionamento de dúas parcelas para zona de adestramento e zona de salto de campo. Deste xeito, esta instalación pode ampliar a oferta de servizos e acoller competicións da modalidade de concurso completo.

O delegado explicou que este é un dos cinco proxectos produtivos impulsados polo GDR no municipio na última convocatoria, que suman un volume de axudas de 128.500 euros para un investimento inducido de 289.500 euros.

Leer más:  Investigadores del Campus de Ourense están encabezando un proyecto europeo para convertir los residuos agroforestales

Así, ademais da escola de equitación o GDR subvencionou a dúas explotacións agrarias para a introdución de medidas de eficiencia enerxética, nunha delas mediante a instalación de paneis solares e na outra de recuperadores de calor.

Igualmente, impulsou a modernización dun obradoiro de galletas artesanais situado na parroquia do Carballo, que introduciu nova maquinaria, acondicionou a zona de acceso e mellorou a eficiencia enerxética revestindo con illante os paramentos do local e incorporando un sistema de calefacción por pellets.

O último dos investimentos produtivos favoreceu a ampliación dun comercio de materiais de construción, que adquiriu unha máquina de transformación e procesado de ferro para a elaboración de ferralla, o que lle permitirá prestar un servizo adicional aos construtores e particulares da contorna.

Os GDR tamén financian proxectos non produtivos que redundan na mellora dos servizos e da calidade de vida dos veciños e veciñas do rural. En concreto, neste municipio concederon unha axuda de máis de 33.100 euros á Asociación de Veciños de Arxiz para o acondicionamento dun local social.

Leer más:  La Universidad del Sur de California se encuentra dentro de las 500 mejores universidades a nivel mundial, de acuerdo con el Center for World University Rankings

Nesta mesma liña, o concello de Taboada recibiu unha achega de 38.400 euros para adquirir un vehículo adaptado para persoas con mobilidade reducida, que os servizos sociais municipais porán a disposición de todos os veciños que o precisen e, en concreto, dos usuarios da residencia e o centro de día.


- Te recomendamos -