Inicio Galicia A Xunta integra ás Oficinas Agrarias Comarcais no novo modelo de impresión...

A Xunta integra ás Oficinas Agrarias Comarcais no novo modelo de impresión e dixitalización de documentos da Administración autonómica

0

Facilita a redución do papel e complementa as medidas para dotar aos empregados públicos dun posto de traballo dixital

A Xunta avanza un paso máis na dixitalización dos servizos das Oficinas Agrarias Comarcais coa súa integración no modelo corporativo de impresión e dixitalización de documentos. Con esta iniciativa, que se completará antes de que remate o ano nos 68 centros da Rede, a Administración complementa as actuacións en marcha para adaptar os postos de traballo dos empregados públicos ás necesidades do proceso de dixitalización no que está inmersa.

Para conseguilo aposta por un modelo de impresión e dixitalización que establece a redución de dispositivos instalados e xestionados, estendendo o uso compartido, e pola optimización de recursos a través dun sistema de compra centralizada que integra, xunto coa adquisición de equipos, o mantemento e a subministración de consumibles mediante o sistema de pago por copia.

Renovación dimensionadaTras unha análise previa das necesidades dos 68 centros que integran a Rede de Oficinas Agrarias Comarcais, renovaranse 174 equipos, homoxeneizando os modelos, o que simplifica a xestión e facilita o soporte en remoto destas máquinas.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

O novo modelo de xestión impulsa o uso compartido dos equipos, co que as impresoras en postos individuais limitaranse para servizos de atención directa ao cidadán ou para aqueles que manexen información sensible. Ademais, priorízase a impresión en branco e negro, habilitando a impresión en cor onde se determine por necesidades do servizo.

Un paso máis para unha administración dixitalEsta medida complementa a renovación integral dos preto de 500 equipos de sobremesa dos empregados das 68 oficinas comarcas realizado pola Amtega en 2017, o que supuxo xa un importante pulo para facilitar o seu traballoÉ unha das actuacións do Plan de Acción de Dotación e Xestión sostible no Posto de Traballo, que desenvolve Amtega para garantir que os empregados públicos dispoñan dos medios tecnolóxicos axeitados ás súas funcións e á prestación dos servizos dixitais para cidadáns e empresas que require o contexto actual.

O Plan complementa as iniciativas que a Xunta vén desenvolvendo desde o ano 2010 para implantar na Administración e acadar unha xestión dixital de todo ciclo de vida dos documentos e dos procedementos administrativos. Un proceso de transformación dixital da Administración no que se está a avanzar en dous sentidos, no incremento dos servizos dixitais para cidadáns e empresas pero tamén na dixitalización interna da Administración.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

- Te recomendamos -