Inicio Galicia A Xunta financia melloras nos locais e equipamentos das asociacións veciñais da...

A Xunta financia melloras nos locais e equipamentos das asociacións veciñais da cidade de Ourense

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe tres asociacións que resultaron beneficiarias das axudas de Vicepresidencia

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visitaron hoxe tres asociacións veciñais da cidade das Burgas que resultaron beneficiarias das axudas habilitadas pola Xunta para dinamizar o movemento veciñal.

A Xunta ten en marcha unha convocatoria de subvencións que ten como destinatarias as asociacións de veciños e que pretenden redundar nunha mellora da calidade de vida local. Desde a posta en marcha desta iniciativa, téñense concedido un total de 626 axudas en toda Galicia, que ascenden a un investimento de 6,4 millóns de euros.

Na visita de hoxe, achegáronse ata asociación Cabeza de Vaca, que grazas aos investimentos da Xunta mellorou o tellado, a impermeabilización e as fachadas da antiga escola unitaria que agora empregan como sede. Posteriormente, desprazáronse ata a asociación A Ponte. Neste caso, a axuda da Xunta destinouse adquirir equipamento necesario para o local.

Por último, achegáronse ata a Asociación Terceira Idade da zona universitaria, coa que a Xunta tamén está colaborando a través doutra liña de axudas para apoiar o mantemento da entidade e a organización de actividades por parte da mesma.

Leer más:  Galicia ocupó el quinto lugar en el número de muertes en el trabajo en 2023, destacándose especialmente los casos de infartos

- Te recomendamos -