Inicio Galicia A Xunta facilita a mobilidade dos mozos e mozas da comarca de...

A Xunta facilita a mobilidade dos mozos e mozas da comarca de Ordes a través do programa Galeuropa

0

Realizarán prácticas formativas durante dous meses nos Países Baixos, Italia e Reino Unido


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos mozos e mozas participantes no proxecto promovido pola Mancomunidade de concellos da comarca de Ordes no marco do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa convocado pola Xunta de Galicia.

Este proxecto, cun orzamento de 100.447,90 euros, facilitará que 20 mozos e mozas, inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen prácticas formativas non retribuídas durante dous meses e 17 días en empresas de Países Baixos, Italia e Reino Unido –cinco na cidade de Leeuwarden (Países Baixos), cinco en Turín (Italia) e dez en Derry (Reino Unido).

A contía da axuda por participante establécese en función do país de realización da práctica formativa e en función da duración da mesma; e inclúe unha axuda para os gastos de aloxamento e manutención e para a viaxe. O importe total da axuda inclúe para a entidade de envío unha axuda á organización da mobilidade (550 euros por participante) e a súa execución, así como unha axuda á entidade de acollida.

Cecilia Vázquez sinalou que “este proxecto de mobilidade é un exemplo de unión de esforzos e medios entre administracións para ofrecer á mocidade ferramentas para a mellora do seu capital social, mediante o establecemento de contactos que poden ser útiles en termos de empregabilidade, do seu capital humano, co desenvolvemento de competencias transversais, como é a adaptabilidade, as habilidades interculturais e lingüísticas, o traballo en equipo, a habilidade para traballar nun contexto internacional; e o seu capital psicolóxico, ampliando así o abano de posibilidades de inserción laboral”. “Debemos lembrar que a Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes, creada no ano 1976 e integrada polos concellos de Frades, Ordes, Mesía, Trazo, Oroso, Tordoia e Cerceda, é a máis antiga da comunidade autónoma galega”, engadiu.

Leer más:  El PPdeG solicitará en el Parlamento que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para administrar el litoral

O programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo. Cun orzamento no ano 2018 de 2,5 millóns de euros, pretende financiar e apoiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas entre dous e tres meses de duración en entidades/empresas públicas ou privadas de 27 países da Unión Europea ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude ou proxectos de concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia.

A titular do departamento autonómico lembrou que nesta última convocatoria, no caso das entidades sen ánimo de lucro foron presentados 22 proxectos, dos que resultaron beneficiarios 18 cun orzamento adxudicado de 1.232.575,04 de euros e un total de 228 mobilidades aprobadas: 70 para Italia, 54 para Portugal, 38 para Reino Unido, 26 para Irlanda, 12 para Alemaña, 8 para Bulgaria, 8 para Malta, 8 para Polonia e 4 para Francia.

Leer más:  Más de cien personas en Santiago conmemoran la Revolución de los Claveles cantando 'Grândola'

As entidades sen ánimo de lucro beneficiarias con 15 mobilidades aprobadas de tres meses de duración son: Asociación Extramundi (Santiago), Grupo Compostela Universidades (Santiago), Sustinea (Ourense), Xeración Asociación Cultural (Narón), Alrocava (Oleiros), Euroxuntude (A Coruña) e Asociación Foro, LC (Oleiros); con 14 mobilidades de tres meses de duración, Asociación Erasmus Compostela (Santiago) e Asociación cultural Ingalicia (A Coruña); con 12 mobilidades de tres meses de duración, Asociación Fogart (Santiago), Asociación Universitaria de Ciencias da Educación (Ourense), Amigos da Terra (Ourense) e Asociación xuvenil Muxema (Negreira); con 8 mobilidades de tres meses de duración, Fundación Paideia Galiza (A Coruña), Asociación sociocultural Luenda (A Baña) e ONG Mestura (Culleredo); con nove mobilidades e dous meses e 15 días de duración, Asociación Terras de Compostela (Vedra); e con 14 mobilidades de dous meses e sete días de duración, a Federación EFA Galicia (Santiago).

No caso de entidades locais, foron aprobados tres proxectos, cun orzamento adxudicado de 265.614,90 euros e un total de 50 mobilidades: 20 para Reino Unido, 11 para Italia, 8 para Irlanda, 6 para Malta e 5 para Países Baixos. As entidades locais beneficiarias son: a agrupación de concellos de Boqueixón, Vedra e Vila de Cruces, con 20 mobilidades de tres meses de duración; a agrupación de concellos Negreira- Val do Dubra con 10 mobilidades de tres meses de duración; e a Mancomunidade de concellos de Ordes con 20 mobilidades de dous meses e 17 días de duración.

Leer más:  Las Xuventudes Socialistas critican que Rueda no haya llegado al máximo en la gratuidad de las matrículas universitarias

Na modalidade de axudas individuais, resultaron beneficiarios 188 mozos e mozas cun orzamento adxudicado de 764.510,03 euros. Segundo o país de realización das prácticas, estes 188 mozos e mozas, sen prexuízo de posibles renuncias ou cambios de país, realizarán a súa mobilidade nun total de 16 países: 71 no Reino Unido; 47 en Portugal; 12 en Irlanda; 11 en Italia; 9 en Polonia; 8 en Malta; 7 en Francia; 6 en Alemaña; 5 en Grecia, 3 en Países Baixos; 2 en Dinamarca; 2 en Eslovenia; e en Lituania; 1 en Chipre; e en Estonia; e 1 en Suecia.


- Te recomendamos -