Inicio Galicia O CPETIG e a Amtega organizan en setembro un curso especializado de...

O CPETIG e a Amtega organizan en setembro un curso especializado de protección de datos

0

Esta formación está concibida para que calquera persoa que desexe certificarse como Delegado de Protección de Datos

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza en setembro un curso especializado sobre a nova figura do Delegado de Protección de Datos, DPO. O curso, de 20 horas de duración, terá lugar na Cidade da Cultura en dúas fins de semana consecutivas, os días 7, 8, 14 e 15 de setembro.

Impartido por profesionais do Centro de Formación de AENOR, os contidos do curso estarán centrados nos fundamentos e principios da nova regulamentación de Protección de Datos, nos dereitos das persoas interesadas, nas obrigas de responsables e encargados do tratamento de datos e nas medidas de seguridade, así como no estatuto da figura do DPO, nas autoridades de control e no réxime sancionador.

O curso vai ofrecer unha visión xeral da normativa europea de Protección de Datos, incidindo en aspectos prácticos para as entidades responsables do tratamento e aos seus prestadores de servizos. Entre outros obxectivos, o curso está deseñado para coñecer os principios básicos da nova normativa, cunha análise detallada das obrigas que afectan ás entidades públicas e privadas que tratan datos de carácter persoal; e afondar nas funcións do DPO, acadando o nivel de coñecemento preciso para poder levalas a cabo.

Leer más:  El mal tiempo no frena a los peregrinos: Santiago recibe 4.000 caminantes antes del arranque de los festivos

Esta formación vai dirixida a responsables de seguridade e cumprimento normativo, auditores internos ou externos que deban avaliar a observancia da normativa, consultores, avogados e, en xeral, a profesionais interesados en prestar servizos neste ámbito.

Oportunidade do cursoA formación impartida no curso está aliñada co esquema de certificación da Axencia Española de Protección de Datos e concibida para que calquera persoa que desexe certificarse como DPO poida facelo, aínda que non teña experiencia.

A organización deste curso responde á crecente demanda do novo perfil profesional do DPO, cuxa figura e funcións veñen determinadas no RGPD. Entre outras, ten a responsabilidade de informar e asesorar á empresa e aos empregados sobre as súas obrigas no tratamento dos datos, supervisar o seu cumprimento e actuar de interlocutor entre a empresa e as persoas propietarias dos datos, ao obxecto de que estas poidan exercer os seus dereitos.

De forma obrigatoria, deben incorporar a figura de DPO no seu organigrama as organizacións públicas, as empresas que realizan tratamento masivo de datos ou a gran escala, as que traten datos de especial protección, como poden ser datos xenéticos, relativos á saude, biométricos, etc. e as empresas que recollan características psicolóxicas e de comportamento das persoas.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

Os interesados en matricularse no curso…

O prezo do curso de DPO é de 600 euros, cunha bonificación do 50% para as persoas colexiadas e precolexiadas.


- Te recomendamos -