Inicio Galicia A Xunta exporta os seus coñecementos sobre mobilidade de terras a países...

A Xunta exporta os seus coñecementos sobre mobilidade de terras a países do leste de Europa

0

O director xeral de Desenvolvemento Rural participou esta semana nun encontro internacional sobre a rede da terra, celebrado en Skopje


O director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, participou esta semana en Macedonia no X Encontro Internacional da Rede da Terra, celebrada na cidade de Skopje, para compartir os coñecementos e presentar os proxectos de mobilidade de terras que se están levando a cabo na nosa comunidade.

A invitación partiu conxuntamente da FAO (Food and Agriculture Organization of the United Nations) e da UNECE (United Nations Economic Commission for Europe), co fin de presentar neste congreso o marco legal sobre a concentración parcelaria e os coñecementos en materia de reorganización do territorio e aproveitamentos dos recursos territoriais. Así, Galicia foi unha das rexións invitadas, xunto cos países de Alemaña, Holanda, Dinamarca, Finlandia, Turquía e Lituania.

O director xeral de Desenvolvemento Rural participou activamente na presentación da Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia (Metaga) e aproveitou para dar a coñecer a situación galega en materia de reestruturación do territorio; así como as iniciativas que se están desenvolvendo de mobilización de zonas agrarias a través do Banco de Terras de Galicia.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

Precisamente a Consellería do Medio Rural está traballando nunha serie de proxectos que pretenden mobilizar un total de 1.543 hectáreas e que afectarían a uns 1.080 propietarios. Entre eles, cabe destacar a recuperación de soutos tradicionais de castaña no concello de Folgoso do Courel, de praderías en terras de pasteiros abandonadas na comarca dos Ancares ou para a produción de pasto no concello de Sober e pementos en Arnoia.

Tal e como destacou alí en Macedonia o director xeral, estas iniciativas permiten impulsar a economía nas zonas rurais e loitar contra o abandono de predios, polo que o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está priorizando este tipo de actuacións no territorio.

Ademais, tamén se analizou a situación actual en Galicia en canto a procesos de reorganización parcelaria, onde Pérez Dubois puxo en valor os 92 millóns de euros destinados no período 2009-2017 ás obras e servizos técnicos das parcelarias en toda Galicia. Con este investimento, explicou, avanzouse na ordenación do territorio ata quedar en 128 as zonas activas arestora, cun territorio de 112.059 hectáreas. O obxectivo do Goberno galego é pechar administrativamente estes procesos no 2020, isto é, que cheguen á firmeza do Acordo. Estas achegas foron moi ben recibidas neste congreso e poden servir de exemplo para os plans que, sobre a concentración parcelaria, se queren poñer en marcha en moitos países do Este de Europa e Asia. 

Leer más:  Adolfo Domínguez destaca el rejuvenecimiento de su audiencia como factor clave para el crecimiento de la marca en España

- Te recomendamos -