Inicio Galicia Ethel Vázquez trasládalle á alcaldesa de Outes que a Xunta contratará proximamente...

Ethel Vázquez trasládalle á alcaldesa de Outes que a Xunta contratará proximamente a redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento da travesía deste municipio

0

Vázquez Mourelle explicoulle que a nova actuación de mellora incluiría a avenida de Fisterra e o remate de beirarrúas no treito da estrada AC-550 ata a gasolineira


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo un encontro de traballo coa alcaldesa de Outes, Beatriz Molinos, á que lle trasladou o compromiso da Xunta de contratar canto antes a redacción do proxecto da 2ª fase de acondicionamento da travesía deste municipio, na estrada AC-550.

Vázquez Mourelle explicoulle que esta 2ª fase de mellora incluiría a avenida de Fisterra e o remate de beirarrúas no treito da estrada AC-550 ata a gasolineira.

O Goberno galego rematou no pasado mes de setembro a 1ª fase de mellora da travesía deste municipio, na AC-550, entre os puntos quilométricos 65+044 e 65+654, cun investimento de case 800.000 euros.

Con esta actuación logrouse que a travesía de Outes sexa máis accesible e máis cómoda para todos os usuarios, grazas a o reordenamento do ancho da estrada para incrementar o espazo destinado a beirarrúas, que contan coas dimensións recomendadas pola normativa vixente en materia de accesibilidade.

Leer más:  Queremos Galego convoca una manifestación para el 17 de mayo en protesta por los "retrocesos" en el 20 aniversario del Plan de Normalización

Con estas obras mantense o ancho das beirarrúas pola marxe dereita e ampliáronse as da marxe esquerda, reducindo o ancho do carril, que pasou de 3,5 a 3 metros.

Así mesmo, reforzouse a seguridade viaria, realizáronse melloras en varias interseccións, con semiglorietas que permiten dous cambios de sentido, coa construción de carrís centrais de espera, ademais da extensión dun novo firme.

Ademais, executouse a renovación das redes de abastecemento, saneamento, pluviais, alumeado e semáforos e a ampliación das beirarrúas da ponte sobre o río Tines (Pq 65+080) para embelecido da estrutura, mediante colocación de voladizo metálico e pavimento de madeira.


- Te recomendamos -