Inicio Galicia A Xunta escoita as necesidades das persoas maiores do concello de Mondoñedo

A Xunta escoita as necesidades das persoas maiores do concello de Mondoñedo

0

O compromiso do Goberno galego con este colectivo tradúcese no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros


A conselleira de Política Social, Fabiola García, acudiu hoxe ao xantar dos maiores celebrado no municipio lucense de Mondoñedo, onde tivo a oportunidade de conversar cos asistentes e escoitar as súas necesidades e demandas.

Alí, a titular da carteira social indicou que o compromiso con este colectivo por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros. Unha maior disposición de recursos que, segundo explicou a conselleira, permite consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, ampliar a ratio de atención a persoas dependentes ata situalo na actualidade no 83,5%, ou potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF). Ao fío disto, Fabiola García sinalou que o concello de Mondoñedo dispón de máis de 20.000 horas anuais de SAF.

Leer más:  La Xunta amplía desde hoy las rutas de autobús entre Vigo y el aeropuerto de Santiago

Durante a súa intervención, a conselleira lembrou a importancia das persoas maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que teñen un papel fundamental no pasado, presente e futuro da nosa comunidade. “Seguiremos traballando polos maiores de Galicia porque eles son o principal activo que temos na nosa terra e porque queremos que Galicia non só sexa o mellor lugar para ser maior, senón tamén para facerse maior”, afirmou a conselleira.

A titular autonómica fixo tamén referencia aos múltiples servizos que a Administración galega pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia.

Neste sentido, Fabiola García fixo alusión aos programas de Xantar na casa; de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores, e Xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal. Trátase de programas que se enmarcan na Estratexia galega de envellecemento activo, que xorde coa vontade de dar resposta ao incremento da esperanza de vida media en Galicia.

Leer más:  Los partidos preparan la maquinaria para la campaña de las elecciones europeas en Galicia, que impactarán en el territorio

- Te recomendamos -