Inicio Galicia A Xunta encabeza unha misión comercial a China onde Galicia participará na...

A Xunta encabeza unha misión comercial a China onde Galicia participará na I Feira Internacional de Importación

0

Neste evento, no que conta coa colaboración de Bright Food, a delegación galega disporá dun espazo de exposición propio onde se celebrará o Día de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, inicia mañá unha viaxe a Shanghai acompañando a unha delegación de empresas galegas do sector agroalimentario que van participar na I Feira Internacional de Importación de China.

Galicia foi invitada a asistir a este evento pola multinacional Bright Food e vai co obxectivo de dar a coñecer no país a calidade e a innovación da industria agroalimentaria galega. Alí contará cun espazo de exposición propio onde se celebrará o Día de Galicia e se poderán degustar os principais produtos das 13 empresas que participan nesta misión comercial.

Durante a súa estancia no país asiático, o conselleiro terá tamén ocasión de manter diversos encontros de carácter económico. Así, manterá unha xuntanza co presidente da Cámara de Comercio de China para a Importación e Exportación de Maquinaria e Produtos Electrónicos, Zhang Yujing. Reunirase, ademais, co equipo directivo da multinacional Bright Food. E manterá un encontro de traballo con representantes de oito empresas galegas asentadas no país na Antena de Servizos de Apoio á Internacionalización da empresa galega en China, pertencente ao Igape.

Leer más:  La compraventa de viviendas en Galicia crece 38,4% en febrero, seis veces más que la media nacional

Esta é a segunda misión comercial ao país asiático na que participa a Xunta desde a que realizou o presidente en xuño do pasado ano e, nela, colaboran, tamén, a Cámara de Comercio da Coruña, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Centro de Hostalería de Galicia.

A finalidade da viaxe é seguir estreitando os lazos comerciais con China. De feito, Galicia é a novena comunidade autónoma que máis exporta a este país, a onde xa exportan de forma regular máis de 140 empresas, un 30% máis que en 2016.


- Te recomendamos -