Inicio Galicia A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso para prever situacións de...

A Xunta de Galicia reitera o seu compromiso para prever situacións de discriminación contra a comunidade xitana

0

O Goberno galego puxo en marcha a Estratexia de Inclusión Social da poboación xitana 2014-2020 coa finalidade de desenvolver un marco específico a favor deste colectivo


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, reiterou o forte compromiso da Xunta de Galicia para prever situacións de discriminación contra a comunidade xitana. Fíxoo durante a súa intervención nunha xornada sobre ‘Antixitanismo: prevención e claves para combatilo’, organizada polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social co apoio da Consellería de Política Social e que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Neste sentido, o titular do departamento autonómico destacou que o Goberno galego puxo en marcha a ‘Estratexia de Inclusión Social da poboación xitana en Galicia 2014-2020’, que ten por finalidade desenvolver un marco de actuación específico para esta comunidade.

Así mesmo, tamén recordou as medidas impulsadas desde a Consellería de Política Social. Ao respecto, sinalou a dotación para realizar iniciativas para a poboación xitana desde entidades locais, que na última convocatoria contou cunha contía de máis de 1,3 millóns de euros. Tamén salientou, por un lado, o convenio coa fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento do Programa Acceder co fin de impulsar a súa incorporación efectiva ao emprego, e por outro, as dúas convocatorias de axudas dirixidas a entidades de iniciativa social para poñer en marcha actuacións de servizos sociais comunitarios.

Leer más:  Galicia insta al Gobierno a reformar el sistema de financiación de las Comunidades Autónomas para lograr una prestación equitativa de servicios

Ademais disto, Arturo Parrado incidiu en que non só a Consellería de Política Social apoia plans específicos para este grupo, senón que tamén o fan outros departamentos da Xunta de Galicia como Educación ou Sanidade. Un feito que reflexa “os esforzos necesarios para compensar as desvantaxes que sofre a poboación xitana”, apuntou o director xeral de Inclusión Social.

Para continuar con este compromiso, cómpre lembrar que se introduciron axustes na convocatoria de axudas destinadas á realización de programas sociais financiadas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, dirixidas a impulsar o acompañamento e o asesoramento técnico a posibles vítimas de accións de discriminación contra a comunidade xitana.


- Te recomendamos -