Inicio Galicia A Xunta avanza a licitación este ano da redacción dun novo proxecto...

A Xunta avanza a licitación este ano da redacción dun novo proxecto construtivo para a estación de autobuses intermodal da Coruña

0

A Xunta reitera o seu compromiso coa estación intermodal impulsando a elaboración dun novo deseño, logo de que o cambio de criterio do goberno municipal invalidase o xa redactado sobre os parámetros pactados e que incluían a urbanización cunha gran praza na avenida de Sardiñeira


A Xunta de Galicia licitará este mesmo ano a redacción dun novo proxecto construtivo da estación intermodal da Coruña. Así o trasladou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na xuntanza que hoxe tivo lugar en Madrid e na que participaron a titular do departamento, Ethel Vázquez, o director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.

Na xuntanza, o Goberno autonómico ratificou o seu compromiso coa estación intermodal da Coruña, na que leva traballando desde o ano 2015 coa mesma intensidade que no resto das cidades galegas nas que os proxectos se atopan nun maior nivel de desenvolvemento.

A ese respecto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade explicou que a redacción dun novo proxecto construtivo se fai necesaria despois de que o cambio de criterio do goberno local da Coruña invalidase o xa elaborado sobre os parámetros pactados e que incluían a urbanización cunha gran praza na avenida de Sardiñeira.

Leer más:  En 2023, el número de personas con dependencia en Galicia baja a 111.929, lo que representa un 4,2% de la población

Unha vez coñecido e presentado por parte da Xunta ese deseño, o pasado ano, os representantes municipais comezaron a trasladar unha nova postura, a favor de “redimensionar” o proxecto e reformulalo.

A confirmación dese cambio de criterio municipal levou ao Goberno galego a rescindir o contrato en vigor para a redacción do proxecto construtivo, coa consecuente perda de tempo, traballo e recursos públicos investidos no mesmo.

Paralelamente, a Xunta iniciou a redacción duns novos pregos para a redacción dun novo proxecto nos novos termos fixados entre as tres administracións, que quedaron plasmados nun acordo de bases asinado por todas as partes.

Tal e como se avanzou na reunión de hoxe, a Xunta financiará esta actuación con fondos propios da Comunidade Autónoma, tal e como recollen os orzamentos da Xunta para 2019. Será así porque unha xestión responsable dos fondos europeos obriga a destinalos a actuacións definidas e impide reservalos para una obra aínda sen proxecto, xa que esa decisión entraña o risco de perdelos.

Na xuntanza de hoxe, o Adif presentou os avances no proxecto construtivo da reforma da estación ferroviaria.

Leer más:  El PP solicitará al Parlamento gallego que el Gobierno ceda sus recursos materiales y humanos para la gestión del litoral

Convenio para establecer responsabilidades Pola súa banda, o Goberno galego volveu manifestar a súa aposta por asinar un novo convenio que blinde a súa participación no proxecto, algo que considera necesario tendo en conta que o protocolo asinado no ano 2009 entre o Concello da Coruña e o Ministerio de Fomento establecía como unha responsabilidade municipal a construción da nova estación de autobuses.

A ese respecto, a Xunta lembrou que xa no ano 2016 remitiu unha proposta de acordo sen que o Concello da Coruña trasladase nunca nin a súa conformidade nin discrepancias co documento.

En outubro de 2017 o Concello da Coruña comprometeuse a elaborar e remitir a súa propia proposta de acordo de colaboración que, sen embargo, non foi enviada ás partes ata a pasada semana.

Sobre ese documento, a administración autonómica advertiu da inviabilidade xurídica de determinadas cláusulas, ao tempo que lamentou o progresivo recorte do nivel de implicación do Concello no proxecto da estación intermodal. 


- Te recomendamos -