Inicio Galicia A Xunta defende o recoñecemento do papel socioeconómico da muller no mundo...

A Xunta defende o recoñecemento do papel socioeconómico da muller no mundo do mar

0


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu hoxe en Santiago a necesidade de regularizar as condicións laborais e de igualar a situación profesional das mulleres cos homes no mundo do mar. Tamén apelou por asegurar que as xeracións futuras se sintan atraídas polas actividades do sector e por recoñecer a aportación feminina ao seu desenvolvemento sustentable. Fíxoo no marco da recepción que ofreceu hoxe a Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) con motivo da I Conferencia Internacional de Mulleres da Pesca, onde estivo acompañada pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Neste sentido, a titular de Mar sinalou que a Política Pesqueira Común establece o cumprimento dos obxectivos relativos ao principio de igualdade. Un principio, especificou, que se traduce “no recoñecemento histórico do papel socioeconómico da muller neste mundo, na non discriminación por razón de sexo, en medidas sociais e en axudas para o desemprego e o emprendemento”. Tamén, engadiu, na promoción da inclusión da muller en comités e consellos consultivos sectoriais e na súa participación en asociacións, como se materializou en Anmupesca. Por iso, explicou Rosa Quintana, desde a Xunta velamos polo acceso á formación permanente da mocidade e das mulleres do sector, co fin de que poidan revalorizarse no mercado laboral e asegurar a súa promoción e presenza en todos os organismos representativos.

Leer más:  Detenido un hombre de 73 años responsable de un grupo dedicado al menudeo de heroína en la comarca de O Morrazo

- Te recomendamos -