Inicio Galicia A Xunta aproba para o próximo ano 13 novos plans de xestión...

A Xunta aproba para o próximo ano 13 novos plans de xestión de recursos específicos como o ourizo ou as algas

0

Galicia contará en 2019 con 149 plans que regulan a extracción destas especies, fronte aos 136 deste ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde dos plans de xestión de recursos específicos, que son o percebe, os solénidos (navalla, longueirón e longueirón vello), os equinodermos (ourizo de mar e holoturias como o carallo de mar), a peneira, as algas, as anemones e os poliquetos, para o ano 2019. A Consellería do Mar aproba para o próximo exercicio 149 plans de xestión, dos cales 13 son novos e que se suman aos 136 xa vixentes este ano.

A provincia con máis plans de xestión de recursos específicos é A Coruña, con 69, seguida de Pontevedra, con 60, e de Lugo, con 16. A eles engádense outros catro de ámbito autonómico. Por especies, a que conta con máis plans de xestión é o percebe, con 37, por diante dos solénidos (25), dos equinodermos (24), das algas (24) e dos poliquetos (21). As anemones teñen 15 e a peneira 3.

Dos trece novos plans aprobados para 2019, cinco son de anemones (a pé de Ribadeo e de San Cibrao e de mergullo de Cedeira, Palmeira e da Asociación de Recolectores Submarinos da Mariña), catro de ourizo (de mergullo en Porto do Son, Cedeira e a Asociación de Recolectores Submarinos da Mariña e a pé no Pindo), dous de algas (de mergullo tanto en Ferrol como en Cambados) e dous de solénidos (de mergullo na Coruña e Cedeira).

Leer más:  Productores gallegos venden leche a menos de 50 céntimos en marzo, siendo los más baratos del país

Froito deste aumento dos programas para a extracción de recursos, a Consellería do Mar prevé xerar o próximo ano 79 novas prazas de recollida a pé e 75 para embarcacións, nas que traballarían 165 tripulantes.


- Te recomendamos -