Inicio Galicia A Xunta aposta por un crecemento azul sustentable que permita o aproveitamento...

A Xunta aposta por un crecemento azul sustentable que permita o aproveitamento do mar ás xeracións futuras

0


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo, defendeu hoxe en Vilanova de Arousa a aposta da Xunta pola Economía Azul como parte da súa “filosofía de traballo” por todo o que pode achegar e as posibilidades que pode abrir como “a sétima economía máis grande do mundo”. A representante da Consellería do Mar inaugurou a Xornada Economía Azul. O mar como motor de innovación e crecemento, organizada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa e na que participaron algúns dos actores implicados no desenvolvemento de iniciativas de crecemento azul en Galicia e Portugal.“O mar é un recurso infinito, pero debemos aproveitalo, sen esquilmar, buscando sempre dinámicas sostibles que non esgoten nin deterioren o medio e que nos permitan continuar desenvolvendo actividades empresariais por longo tempo coa idea de deixarlles ás xeracións que virán a posibilidade de seguir gozando e vivindo del”, aseverou Rodríguez Carballo durante a apertura deste encontro. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro incidiu na importancia do crecemento azul para Galicia, unha comunidade con case 1.500 quilómetros de costa e con moitas poboacións que viven centradas no mar e nas súas oportunidades. “Somos un territorio marítimo, sentimos e vivimos o mar como parte fundamental da nosa identidade”, subliñou. 

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

- Te recomendamos -