Inicio Galicia A Xunta aposta pola implicación de toda a sociedade, administracións e forzas...

A Xunta aposta pola implicación de toda a sociedade, administracións e forzas de seguridade na loita contra o narcotráfico

0


Vilanova de Arousa (Pontevedra), 26 de xuño de 2018.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron hoxe en Vilanova de Arousa no acto central da campaña de sensibilización social Panos Brancos contra a droga, impulsada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico con motivo da celebración hoxe do Día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

Este tipo de actos son fundamentais para visibilizar a necesidade de que todas as administracións, forzas e corpos de seguridade e a sociedade no seu conxunto deben seguir implicándose, como ata o de agora, na loita contra o narcotráfico. Nos últimos anos tense avanzado moito neste camiño, grazas tamén ao importante papel que desenvolveu o movemento asociativo, pero aínda é preciso continuar sumando esforzos para acabar coas redes criminais e continuar promovendo a prevención do consumo de drogas. 

Leer más:  El PSdeG forma su comité de campaña para las elecciones europeas

- Te recomendamos -