Inicio Galicia A Xunta apoia a incorporación de novos talentos ao sector artesán galego

A Xunta apoia a incorporación de novos talentos ao sector artesán galego

0

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu esta tarde ao desfile anual dos alumnos de Moda e de Xoiaría da EASD Mestre Mateo, Despunte 2018

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiu esta tarde ao desfile anual dos alumnos de Deseño de Moda e de Xoiaría da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela, Despunte 2018. No evento, celebrado no Museo Gaiás, da Cidade da Cultura de Galicia, presentáronse os traballos do curso 2017-18.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria colabora co galardón que se ofrece nunha das categorías do certame, Mellor colección Fusión Artesanía e Deseño de Moda, que consistirá nunha selección de produtos da marca Artesanía de Galicia.

Deste xeito, a Xunta busca apoiar a incorporación de novos talentos aos sectores da moda e da xoiaría galegas, así como impulsar a fusión entre artesanía e estas dúas disciplinas.

Ademais dos traballos dos estudantes de Deseño de Moda que se gradúan este ano, no desfile amosáronse as coleccións creadas polos alumnos dos últimos cursos desta titulación, así como unha selección de obras elaboradas polos estudantes do Ciclo Superior de Xoiaría Artística.

Leer más:  El concejal de A Illa condenado por maltrato "cumplió su pena" y "las urnas hablaron", según el PPdeG

- Te recomendamos -