Inicio Galicia A Xunta amplía ata o 5 de setembro o prazo de presentación...

A Xunta amplía ata o 5 de setembro o prazo de presentación de ofertas de permuta de solo por edificabilidade en San Paio de Navia

0

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que alonga o prazo do que dispoñen os interesados na permuta, que remataba o 20 de xuño, co obxectivo de facilitarlles a obtención da documentación necesaria

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se amplía ata o día 5 de setembro o prazo para a presentación de propostas no marco da oferta pública de adquisición de solo por permuta en San Paio de Navia.

A prórroga do prazo, que remataba o 20 de xuño, ten como obxectivo facilitar a obtención da documentación necesaria por parte dos interesados en permutar os seus terreos por edificabilidade na ampliación de San Paio Navia. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: https://goo.gl/omuez2Ademais da prórroga do prazo, a resolución permite a presentación de ofertas polos propietarios de terreos que teñen parte da súa superficie fóra do ámbito do plan parcial e que actualmente non se poden segregar. Os titulares comprometeranse a solicitar a segregación no prazo máximo de 15 días dende a aprobación da modificación do plan parcial, adquirindo a Xunta exclusivamente a parte dos mesmos que se atopa dentro do plan parcial.

Leer más:  La Sanidad confirma seis nuevos casos de gastroenteritis, elevando el total a 65, en el brote en colegios de Ames (A Coruña)

A resolución publicada hoxe establece que tamén se poderán admitir ofertas de terreos cuxo acceso á propiedade, por herdanza inter vivos, se fixese entre o 30 de xuño de 2016 e o 20 de abril de 2018, data en que se publicou no Diario Oficial de Galicia a oferta pública de adquisición de solo por permuta.

Estes terreos poderán permutarse por edificabilidade en mazás de vivenda colectiva. Tamén poderán optar ás parcelas destinadas a vivenda unifamiliar se queda algunha vacante despois da adxudicación polo procedemento ordinario establecido na oferta pública de adquisición publicada en abril.


- Te recomendamos -