Inicio Galicia A Xunta agarda que o Concello de Pontevedra facilite a cesión das...

A Xunta agarda que o Concello de Pontevedra facilite a cesión das parcelas para iniciar a construción de vivendas de promoción pública na cidade

0

Concretou que existe un acordo sen materializar para permutar terreos propiedade da Xunta e o concello en Monteporreiro

A Xunta agarda que o Concello de Pontevedra facilite a cesión de parcelas para iniciar a construción de vivendas de promoción pública na cidade, segundo indicou hoxe no Parlamento de Galicia o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García.

Concretou que existe un acordo entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda e o Concello, polo cal se cederán parcelas en Monteporreiro para que o concello as dedique a zonas verdes e, a cambio, a Xunta recibirá parcelas de titularidade municipal para a construción de vivenda de promoción pública. E polo momento, sinalou, o concello segue sen ceder os terreos comprometidos a cambio das parcelas da Xunta, e non facilitou aos técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo o acceso ás parcelas do concello para a súa valoración.

O director xeral do IGVS indicou que nos últimos anos a Xunta construíu e entregou aos seus adxudicatarios un total de 132 vivendas de promoción pública, que se adxudicaron preferentemente en réxime de alugueiro, de maneira que actualmente a Xunta é propietaria de preto de 250 vivendas adxudicadas en réxime de alugueiro a prezo reducido en Pontevedra. Fronte a estes datos, na etapa do anterior goberno bipartito non se construíu nin unha soa vivenda de promoción pública en Pontevedra.

Leer más:  Los incendios forestales de Barreiros y Rois, que ya han quemado casi 120 hectáreas entre ambos, han sido controlados

Da mesma maneira, engadiu, dende 2009 foron calificadas provisionalmente 400 vivendas protexidas de promoción privada no concello de Pontevedra, mentres que nos anos do goberno anterior non se rexistrou ningunha calificación.

Heriberto García explicou que a principal razón da vivenda protexida é facilitar o acceso á mesma nos momentos en que o prezo da vivenda libre é superior e a diferenza entre vivenda libre e protexida é alta.

Neste sentido, lembrou que nos anos 2005 a 2008 as diferenzas entre os prezos da vivenda libre e a protexida foron as máis altas dos últimos anos. En 2008 a vivenda libre en Pontevedra custaba de media 708 euros máis que a protexida, o que supoñía un 67,37 por cento máis. Dende 2009 a diferenza foise reducindo progresivamente pola notable redución dos prezos da vivenda libre ata chegar ao primeiro trimestre de 2018, en que os prezos son case iguais xa que a vivenda libre so é 96 euros máis cara que a protexida (10,19 %).

O director xeral indicou que cando máis se necesitaban as vivendas públicas e protexidas en Pontevedra foi cando non se fixo ningunha.

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

Sinalou Heriberto García que a principal aposta da Xunta é pola rehabilitación das vivendas e a saída ao mercado das vivendas baleiras, “xa que non é lóxico construír vivendas novas onde hai moitas baleiras que se poden rehabilitar e poñer no mercado”.

O director xeral lamentou que o concello de Pontevedra, no que existen máis de 6.500 vivendas sen uso, non se adherise ao Programa de Vivendas Baleiras co obxectivo de sacalas ao mercado a través de actuacións coordinadas entre as distintas administracións. 


- Te recomendamos -