Inicio Galicia O conselleiro de Sanidade destaca o traballo dos inspectores sanitarios á hora...

O conselleiro de Sanidade destaca o traballo dos inspectores sanitarios á hora de velar polos dereitos da cidadanía

0

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou as IV Xornadas da inspección de servizos sanitarios de Galicia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou hoxe, no Edificio Administrativo do Sergas, as IV Xornadas da inspección de servizos sanitarios da nosa Comunidade, destacando o traballo destes profesionais, “necesario para poder velar polos dereitos sanitarios da cidadanía e pola propia integridade do sistema sanitario”.

Segundo Almuiña, a Inspección de Servizos Sanitarios é un órgano fundamental do seu departamento e destacou o impulso que se lle está a dar, “sendo o motor fundamental do cambio todos e cada un dos traballadores que a integran”.

O conselleiro remarcou, así mesmo, que coa recente entrada en vigor da Lei de Saúde de Galicia revisáronse aspectos significativos da configuración do Sistema sanitario público da nosa comunidade para adecuar o cometido da Administración ás necesidades actuais e reais no cumprimento do compromiso coa saúde da poboación galega. En consecuencia, a reforma amplía a consideración de autoridade sanitaria á inspección de saúde pública e a titulares das xefaturas territoriais, ademais dos xa existentes (Consello Xunta, titular da Consellería de Sanidade, alcaldes e inspección de servizos sanitarios).

Leer más:  Yolanda Díaz evita comentar la marcha de Mès con BNG, Bildu y ERC para las europeas y reivindica a la candidata de Sumar

Logo da celebración destas xornadas queda patente, -dixo o conselleiro-, a necesidade de establecer novos métodos de traballo, así como potenciar os procedementos normalizados para homoxeneizar o traballo en todas as unidades de inspección.

Para rematar a súa intervención, Almuiña animou aos traballadores dos servizos de inspección a seguir realizando o seu labor “nesta liña de aposta pola calidade, respostando de xeito áxil ás peticións da cidadanía e dos profesionais, para que o seu esforzo se reflicta nun aumento da satisfacción dos usuarios do sistema sanitario”.


- Te recomendamos -