Inicio Galicia A Coruña A presa de San Cosmade realizará hoxe unha proba do sistema acústico...

A presa de San Cosmade realizará hoxe unha proba do sistema acústico do seu plan de emerxencia

0

A serea activarase tamén o martes entre as 9,00 e as 18,00 horas

A presa de San Cosmade realizará hoxe 16 de abril, e mañá martes, unha proba do sistema acústico dos seu Plan de emerxencia para avaliar o seu correcto funcionamento e para dar a coñecer o seu son á poboación do contorno: neste caso, os concellos de Cerceda, Ordes e Tordoia. En concreto, a serea activarase o luns e martes entre as 9,00 e as 18,00 horas. Trátase unicamente dunha proba, polo que non afectará aos veciños, que poderán seguir coa súa actividade diaria. Con estas actuación búscase acadar dous obxectivos: garantir a operatividade dos sistemas e, ao mesmo temo, que a poboación das zonas afectadas sexa capaz de recoñecer o son da serea de aviso de evacuación en caso dunha emerxencia. A proba realízase a través da colaboración de Gas Natural Fenosa, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, e Augas de Galicia. Inscríbese no proceso de implantación dos Plans de emerxencia nas presas, en cumprimento do establecido na Planificación de Protección Civil ante risco de inundacións. Os obxectivos dos plans de emerxencia de presas pasan por ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave; coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura; e ter previstos sistemas de aviso á poboación e aos organismos xestores de emerxencia. En definitiva, trátase de estar o mellor preparados posible ante situacións que poidan comportar riscos nestas instalacións e garantir, así, a seguridade da cidadanía.

Leer más:  La exposición dedicada a la carrera de Roberto Verino finaliza con el diseñador elogiando el papel de las mujeres

- Te recomendamos -