Inicio Galicia A directora de Turismo coñece o novo mercado gastronómico La Galiciana, que...

A directora de Turismo coñece o novo mercado gastronómico La Galiciana, que enriquece e pon en valor a oferta galega

0


A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada da directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Marta Fernández, visitou hoxe en Santiago de Compostela o novo mercado gastronómico La Galiciana, unha proposta que enriquece e pon en valor as materias primas e a oferta culinaria galega, un dos principais motivos polos que os turistas visitan a Comunidade.

Case tres de cada dez viaxeiros indican que a gastronomía é a súa principal motivación para coñecer o destino galego e convértese no segundo motivo para viaxar a Galicia. Para afianzar esta fortaleza, a Xunta traballa no deseño do Plan de Turismo Enogastronómico, enmarcado na Estratexia de turismo de Galicia 2020, que porá énfase no vínculo da gastronomía co resto de elementos diferenciadores do turismo, impulsará a competitividade do sector primario e nel terán cabida tanto a cociña de vangarda como a máis tradicional. 

Leer más:  La pensión media en Galicia aumenta un 5,15% en abril, llegando a los 1.072 euros, aunque es 180 euros menor que la media nacional

- Te recomendamos -