Inicio Galicia A Xunta de Galicia apoia a mobilidade xuvenil a través do programa...

A Xunta de Galicia apoia a mobilidade xuvenil a través do programa a Xuventude no Mundo

0

Os participantes percorrerán durante tres días unha parte do Camiño Kumano Kodo, ao tempo que visitarán lugares tradicionais da cultura xaponesa e convivirán con familias do país


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, reuniuse hoxe cos 30 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que participarán no intercambio Conmemoración do vinte aniversario do irmanamento do Camiño Kumano Kodo co Camiño de Santiago, que descorrerá na Prefectura de Wakayama (Xapón) do 3 ao 10 setembro, no marco do programa de mobilidade A Xuventude no mundo.

Cecilia Vázquez sinalou que “os mozos e mozas galegas vivirán durante unha semana unha experiencia humana, individual e en grupo, converténdose en embaixadores da cultura galega no Xapón, ao tempo que coñecerán a variedade e riqueza cultural que marca unha ruta de peregrinación, como é o Camiño Kumano Kodo”.

Con motivo da conmemoración do 20 aniversario do irmanamento o Camiño Kumano Kodo co Camiño de Santiago, o intercambio nesta edición céntrase nesta ruta cultural xaponesa. Así os mozos e mozas galegos percorrerán durante tres días unha parte do Camiño Kumano Kodo, ao tempo que visitarán lugares tradicionais da cultura xaponesa, participarán en encontros con mozos e mozas xaponesas e convivirán durante tres días con familias xaponesas de acollida.

Leer más:  Igualdad investigará el uso de fondos contra la violencia machista en una cena "para mujeres" en Cerdedo-Cotobade

A titular do departamento autonómico subliñou que malia distancia xeográfica que nos separa, Galicia e Wakayama contan con un nexo de unión. “Son o núcleo de dous itinerarios culturais e de peregrinación: o Camiño de Santiago e o Camiño Kumano Kodo; e así o recoñece a UNESCO, que lle outorgou ás dúas rutas a consideración de Patrimonio da Humanidade”, afirmou Vázquez. “Dous puntos de referencia nos que converxe a pluralidade e diversidade de pobos, culturas, linguas e relixións” engadiu a directora xeral.

As rexións de Galicia e Wakayama aprobaron en 1998 o seu irmanamento e, desde entón, foron varios os programas conxuntos, sobre todo centrados no turismo e na cultura. No que respecta á xuventude, en 2009 estableceuse un protocolo de traballo entre as dúas administracións rexionais para favorecer os lazos de unión entre as entidades xuvenís de Wakayama e Galicia. Así con este grupo de mozos e mozas galegas, desde o 2010 ata a actualidade, esta será a décimo sexta experiencia de intercambio xuvenil entre a Xunta de Galicia e a Prefectura de Wakayama, sumando un total de 260 participantes.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Vázquez resaltou que a Xunta de Galicia ten como un dos seus eixos prioritarios das políticas de xuventude a promoción da mobilidade xuvenil. “Nun mundo marcado pola diversidade, a mobilidade permite o intercambio de ideas, establecer relacións entre as persoas, axuda ao desenvolvemento persoal e á adquisición de aptitudes interculturais e competencias transversais, así como promover competencias interculturais e combater prexuízos e a discriminación”, asegurou a directora xeral.

Os intercambios xuvenís permiten aos mozos e mozas participantes desenvolver habilidades, competencias e coñecementos, descubrir novas culturas, tradicións, costumes e estilos de vida, sobre todo a través da aprendizaxe entre iguais, consolidar valores como a solidariedade, a democracia e a amizade; facilita a concienciación intercultural e a mellora das competencias lingüísticas.

A Xuventude no Mundo é un programa de mobilidade xuvenil que ten como obxectivo que os mozos e mozas de Galicia poidan desenvolver un programa de actividades de interese para a mocidade noutras partes do mundo, que obteñan experiencias de educación non formal no estranxeiro, amplíen o seu coñecemento doutras linguas, culturas e costumes, ao tempo que incrementan o seu nivel de independencia e responsabilidade.

Leer más:  El temporal deja este viernes en Galicia más de 400 incidencias

- Te recomendamos -