Inicio Galicia Xunta e Fegamp acordan o financiamento e as funcións dos grupos de...

Xunta e Fegamp acordan o financiamento e as funcións dos grupos de emerxencias supramunicipais para o período 2019-2021

0

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, o presidente da Fegamp, Alfredo García e representantes das Deputacións asistiron á reunión da comisión de seguimento dos GES

A Xunta e a Federación Galega de Municipios chegaron esta mañá a un acordo sobre o financiamento e as funcións dos grupos de emerxencia supramunicipais, coa intención de seguir prestando este servizo, que o Goberno galego seguirá financiando en gran parte, o que permitirá mellorar a eficacia das actuacións e intervencións nas situacións de emerxencias.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiron á reunión da Comisión de Seguimento dos GES, na que tamén participaron o presidente da Fegamp, Alfredo García e representantes das Deputacións Provinciais.

Segundo indicou a directora xeral, Marta Fernández -Tapias o acordo de hoxe reflicte o compromiso do Goberno galego no eido das emerxencias, co financiamento duns servizos de emerxencias que non son competencia da Xunta, senón dos propios concellos e das Deputacións, pero que a Xunta considera necesarios polo que os apoia e contribúe ao seu financiamento dende a súa creación no ano 2013.

Leer más:  Una persona fue arrestada por el incendio en un edificio en A Coruña donde una menor fue rescatada

Desta volta, o acordo sinala que a participación das distintas administracións que financian os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), a Xunta por unha banda, e as entidades que integran a Administración Local (Deputacións e Concellos), pola outra, será do 52,5% no caso da Xunta e do 47,5% para as Administracións locais.

Os GES comezaron a funcionar na nosa comunidade no ano 2013, complementando un novo mapa de emerxencias que cubre todo o territorio galego, e ofrecendo así unha resposta áxil e eficaz a todos os cidadáns galegos ante calquera incidencia. A súa posta en marcha foi consensuada entre Xunta, Deputacións e concellos, e o goberno galego ademais encargase da formación do persoal na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada.


- Te recomendamos -