Inicio Galicia A segunda edición de ?Residencias Paraíso? chega ao seu fin coa presentación...

A segunda edición de ?Residencias Paraíso? chega ao seu fin coa presentación en Santiago dos nove procesos artísticos apoiados

0

O Colectivo RPM conta coa colaboración económica da Agadic para desenvolver esta iniciativa arredor das artes do movemento, na que este ano se implicaron nove espazos da Coruña, Carballo, Lugo, Narón, Ourense, Pontevedra e Santiago

O Colectivo RPM chega ao remate da segunda edición do programa Residencias Paraíso, que organiza co apoio económico da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), cun encontro en Santiago durante o que se presentaron os nove procesos artísticos impulsados este ano. A xornada, que se desenvolve durante todo o día de hoxe no Centro Sociocultural Santa Marta, inclúe tamén varios bloques de conversa e reflexión arredor de diferentes temas que afectan a investigación e a creación no ámbito das artes do movemento.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, asistiu ao arranque deste encontro, que conta tamén coa participación da concelleira de Acción Cultural de Santiago, Branca Novoneyra, e dos integrantes do Colectivo RPM (Félix Fernández, Rut Balbís, Alexis Fernández, Andrea Quintana e Caterina Varela), así como dos 12 artistas seleccionados este ano para desenvolver nove residencias noutros tantos espazos da Coruña, Carballo, Lugo, Narón, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Leer más:  Abel Caballero ofrece a los seguidores del Celta un fragmento de la antigua grada del estadio de Balaídos como regalo

Apoio económico e técnicoA través deste programa, facilitóuselles apoio económico e técnico para traballar durante varias semanas ao longo do ano en diferentes espazos escénicos, favorecendo desde xeito unhas condicións óptimas para impulsar os procesos de creación das súas próximas pezas.

Así o explicou Jacobo Sutil, quen incidiu en que a Xunta vén apostando desde os seus inicios por este proxecto conxunto, que combina a iniciativa privada e o apoio institucional para propiciar a aparición de novos proxectos de creación e de novas compañías neste ámbito escénico en Galicia, así como para axudar ás formacións consolidadas nas súas novas propostas.“Residencias Paraíso é, eminentemente, un formato de servizo, de posta a disposición, mais non por iso é menos importante. Incide directamente nun momento artístico crucial: o do proceso de creación, de testado, de investigación, de ensaio… Unha etapa na que os seus protagonistas necesitan ter da súa parte cómplices humanos e contextos materiais favorables. E Residencias Paraíso proporciónallos”, asegurou.

Os proxectos desta segunda edición, seleccionados por unha comisión artística independente, foron Método negro, de Javier Martín, quen traballou no Teatro Colón da Coruña; Lo que sigue, de Cris Balboa, na Sala Agustín Magán de Santiago; Voo, de Ánxela Blanco, na Fundación Luís Seoane da Coruña; Sobre o concepto do tempo, de Marco Antonio Regueiro Fariña, no Auditorio Municipal de Ourense; LVZ, de Luz Prado, no Teatro Rosalía Castro da Coruña; Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos, de Gena Baamonde, no Vello Cárcere de Lugo; Fío, de Laura Iturralde e Montse Piñeiro, na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra; Status, de Federico Vladimir Strate Pezdirc e Pablo Esbert Lilienfeld, no Pazo da Cultura de Carballo; e Illas desertas, de Laura Villaverdes e Roi Fernández, no Pazo da Cultura de Narón.

Leer más:  Miranda lleva a los vecinos de Brión el respaldo del BNG para presentar una denuncia sobre el proyecto de una balsa en la Eurocámara

Ademais da presentación pública do traballo resultante das nove estadías, o programa deste encontro Residencias Paraíso 2018 está a abrirse ao debate e a reflexión a través de varios bloques nos que se abordan temas como a convivencia, a creación sostible e a circulación artística.


- Te recomendamos -